oroso
Destacadas
IMG_9148

Acordo de goberno en Oroso entre o PSdeG-PSOE e o BNG

Tralos resultados electorais do pasado 26 de maio e despois de manter as pertinentes reunións de negociación entre o PSdeG-PSOE e o BNG de Oroso, queremos informar que ambas formacións políticas chegamos a un acordo de goberno que as dúas partes entendemos beneficioso e frutífero para seguir traballando e avanzando a prol do noso municipio.

Ler novas
Voceiro
asemblea 18072018_2

NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. SEGUIMOS TRABALLANDO PARA A NOSA VECIÑANZA

O BNG de Oroso lidera iniciativas a prol da mellora do noso Concello, presentando nos últimos plenos diferentes cuestións que preocupan a nosa veciñanza, achegando propostas para a súa inmediata solución.

Dunha maneira responsábel propoñemos alternativas realistas, co único interese de seguir conseguindo servizos de calidade no noso Concello.

Ler novas
Novas
educación

POR UN ENSINO PÚBLICO DIGNO EN OROSO

O próximo xoves 25 de outubro, o BNG de Oroso vai celebrar un acto informativo sobre a situación do ensino no noso concello. O faladoiro, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro, porá de manifesto a situación dos diferentes centros educativos no concello de Oroso, e como a política de recortes do Partido Popular incide na educación dos nosos nenos e nenas.

 

Acto EDUCACIÓN 25102018

 

Ler novas