SUMANDOPOROROSO

O BNG de Oroso presenta a Isabel Fernández como garante do cambio político que precisa o noso Concello

WhatsApp Image 2019-02-07 at 23.37.35
Presentación candidatura BNG Oroso

Isabel Fernández Gallego puxo en valor o traballo realizado polo BNG de Oroso e pide a confianza dos veciños e veciñas na cita do 26M. “´É preciso avanzar nun novo modelo de concello onde se priorice que a calidade de vida de toda a veciñanza”, salientou.

Pon como aval o bo facer dos gobernos municipais nacionalistas, referentes de calidade de vida, de dinamismo económico, social e cultural.

O BNG de Oroso presenta a Isabel Fernández como garante do cambio político que precisa o noso Concello

Este xoves 7 de febreiro, o BNG de Oroso presentou no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro o primeiro tramo da candidatura coa que concorrera ás municipais do mes de maio. Este novo proxecto encabezado por Isabel Fernández, quere liderar o goberno local e traballar man a man coa veciñanza con honestidade e desde a humildade. “O noso aval e o traballo e esforzo do equipo dos compañeiros e compañeiras que hoxe me acompañan nesta candidatura”

O actual concelleiro, Diego Boquete, e número 2 da candidatura puxo de manifesto o traballo e compromiso do BNG de Oroso neste últimos anos, onde dende a coherencia e a responsabilidade loitouse para conseguir mellorar os servizos e as infraestruturas no Concello. A primeiro tramo da candidatura completase con Olalla Marcote, Diego Conde e Marga Mejuto, conxugando xuventude e experiencia.

IMG_0022

O acto contou coa presenza do deputado no Parlamento galego, Xose Luís Rivas “Mini”, o cal salientou que para os e as do BNG, un concello debe pensar primeiro nas persoas, ser unha institución democrática e sobre todo estar ao lado dos veciños e veciñas. Ese contacto e cercanía, así como o noso compromiso pola veciñanza é o garante do traballo feito polo BNG durante estes anos en diferentes concellos de Galiza. “O bo facer en concellos como Pontevedra, Allariz ou Carballo é nosa a mellor carta de presentación do que queremos para Oroso”.

WhatsApp Image 2019-02-07 at 23.35.25

Isabel Fernández, subliñou que desde o BNG de Oroso queremos facer chamamento para construír unha nova alternativa, “e levar adiante un proceso que permita transformar Oroso. Estou convencida de que a veciñanza sabe que no BNG estamos en disposición de facer un concello de referencia: onde se prime a calidade de vida das persoas, con máis e mellores servizos educativos e sociais. Un Concello onde se promova o comercio local, a hostalaría, e o turismo; con parroquias vivas, que conteñan infraestruturas dignas e con servizos básicos implantados. Un concello do que tod@s nos sintamos orgullosas e no que queiramos vivir e poidamos traballar“, apuntou Isabel Fernández.

WhatsApp Image 2019-02-07 at 23.35.29

IMG_0003

O BNG de Oroso presenta a Isabel Fernández como garante do cambio político que precisa o noso Concello