RESPOSTA DO BNG DE OROSO AO PP DE OROSO
Pleno extraordinario pola COVID
Populismo, mentiras ou incompetencia, iso é o que define á proposta que o PP de Oroso trouxo ao pleno de hoxe e no cal votou favorabelmente á súa retirada.
As medidas a adoptar polo Concello serán debatidas na comisión de contas do Concello onde teñen representación todas as forzas políticas do Concello.
Fronte ás medidas populistas que o PP de Oroso trouxo ao pleno de hoxe, e sabendo da importancia do que se poida facer desde o Concello, moi limitado en canto ás súas funcións polas leis aprobadas polo goberno do PP no Estado Español o BNG de Oroso aclara e da resposta punto por punto ás peticións do voceiro do PP, aínda que el mesmo solicitara a súa retirada no pleno de hoxe.
Solicita sufragar as cotas da Seguridade Social de autónomos, do Concello de Oroso
Os autónomos, que pecharon o seu negocio pola declaración do estado de alarma ou viron mermada a súa facturación nun 75% respecto á media mensual do semestre anterior poden solicitar a prestación extraordinaria para autónomos que o goberno do estado puso en marcha.
Por outro lado temos aproximadamente 540 autónomos no noso concello a unha media de 300 € falamos de 162.000 € ao mes, de verdade alguén pensa que un Concello pode asumir ese gasto, instamos ao portavoz do PP a que consiga que a Xunta transfira eses cartos ao Concello e nós xestionamos esa axuda.
En canto a sufragar gastos de alugueiros e custos fixos (auga, luz, lixo...).
Desde o Concello estamos valorando crear unha liña de axudas para alugueiros e outros gastos, cunhas bases e ordenanzas claras, non podemos tratar por igual a unha gran empresa como Vegalsa, que a un pequeno negocio familiar, pero estamos moi limitados, de novo pola leis aprobadas polo PP limitando a independencia económica dos Concellos.
No que respecta ao recibo da auga, dende o BNG sempre pedimos a municipalización dos servizos, este está xestionado por unha empresa e polo tanto pouco se pode facer, pero estudiarémolo.
En relación á taxa do lixo nos, o BNG de Oroso, consideramos que o Concello debería asumila durante o período dun ano, para comercios e a hostalaría, a comezar no seguinte recibo.
E desde o BNG de Oroso faremos o posíbel para que o Concello de Oroso mire de poder ampliar o espazo das terrazas dos negocios de restauración (bares, cafetarías...) mentres teñan o seu aforo limitado, sempre deixando espazo suficiente para o uso peonil das nosas rúas.
Que se recalcule o resto de impostos municipais.
Instamos ao portavoz do PP a que nos diga a que impostos se refire, non estará xogando de novo coa demagoxia?
Que se establezan unha serie de axudas a familias que a estean en situación vulnerábel.
Estas axudas xa se facían con anterioridade ao estado de alarma, e séguense a facer, en maior medida se cabe grazas a colaboración de toda a veciñanza do Concello, mención especial a Asociación de Veciños de Senra pola donación feita:
-
Púxose en marcha á tarxeta solidaria que recargamos mensualmente (dependendo ingresos, membros da unidade familiar....). É só para productos de primera necesidade tendo bloqueados alcól, maquillaxe.....
-
Repartimos alimentos cedidos por particulares, comerciantes e asociacións de veciños.
-
Púxose en marcha coa colaboración de Protección Civil un servizo para levar material escolar as rapazas e rapaces que non teñan equipamentos ou que non podan acceder ao ensino dixital, sempre en contacto cos directores dos centros escolares.
-
Maña empezaremos a repartir kits que permiten a conexión a internet composto por un router WiFi 4G xunto coa correspondente liña de datos 4G que foron cedidas por Cruz Vermella, os ordenadores e tabletas póñennas os centros escolares do concello.
-
Estamos a mirar un programa de conciliación para as familias que teñán que reincorporarse ao posto de traballo. Pero temos que ver cales son as instrucións da Consellaría de Educación.
O BNG de Oroso segue a manter a súa solicitude histórica de que os plenos sexan retransmitidos, hoxe o propio Concello tentouno en facebook pero non foi posíbel, si foi gravado, e tan pronto sexa posto á nosa disposición será ligado desde aquí.