#SUMANDO POR OROSO

NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. SEGUIMOS TRABALLANDO PARA A NOSA VECIÑANZA

asemblea 18072018_2
Asemblea Local BNG Oroso

O BNG de Oroso lidera iniciativas a prol da mellora do noso Concello, presentando nos últimos plenos diferentes cuestións que preocupan a nosa veciñanza, achegando propostas para a súa inmediata solución.

Dunha maneira responsábel propoñemos alternativas realistas, co único interese de seguir conseguindo servizos de calidade no noso Concello.

NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. SEGUIMOS TRABALLANDO PARA A NOSA VECIÑANZA

O novo voceiro do BNG de Oroso recolle a renovación do seu Consello local, aprobada pola súa Asemblea Local por unanimidade. Diego Conde foi elixido como responsábel da organización nacionalista no Concello de Oroso, completandose coa  integración de Diego Boquete, novo concelleiro do grupo municipal do BNG, Isabel Fernández e Olalla Marcote. A militancia opta deste xeito por un equipo caracterizado polo seu compromiso a prol da actividade veciñal, e experiencia dentro do asociacionismo cultural, educativo e deportivo do noso Concello.

O voceiro tamén resume toda a actividade realizada a prol das demandas da nosa veciñanza. Gratuidade da AP9, melloras nos nosos centros educativos, infraestruturas para o medio rural e servizos para as parroquias.

Voceiro BNG_Oroso 2018_outubro_def

NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. SEGUIMOS TRABALLANDO PARA A NOSA VECIÑANZA