#SUMANDOPOROROSO

O BNG DE OROSO LEVA A PLENO A DEMANDA VECIÑAL DUNHA SENDA PEONIL EN MARZOA

IMG_20181118_110232_624
Solicitude senda peonil Marzoa
O BNG DE OROSO LEVA A PLENO A DEMANDA VECIÑAL DUNHA SENDA PEONIL EN MARZOA

O BNG de Oroso presentará no próximo pleno a proposta para a realización dunha senda peonil entre o lugar de Castro e Carballal, na parroquia de Marzoa. En dito traxecto non hai beiravías, o que dificulta o transito de peóns entre estes dous puntos.

De acordo coas demandas da veciñanza, pensamos que é necesario garantir a seguridade viaria das persoas que camiñan diariamente por esta zona, por iso propomos unha senda peoníl á beira da estrada CP-3802, que dende o local social de Marzoa lle dea servizo á veciñanza de Carballal.

senda marzoa1.jpeg

Tamén recibimos queixas sobre a velocidade á que algúns vehículos circulan por esta estrada e pensamos que sería necesario limitar a velocidade e garantir que a circulación de vehículos se adapte a unha zona natural de esparcemento para a veciñanza para garantir a seguridade dos peóns. De feito, é un punto no que xa houbo varios atropelos debido a velocidade que nesa zona acadan os vehículos, en especial nunha curva perigosa con escasa visibilidade que se atopa neste tramo.

IMG_20181118_110120_059

Así, no próximo pleno, o BNG de Oroso exporá a demanda da veciñanza de Marzoa, ao considerar que a execución desta obra melloraría substancialmente a seguridade viaria dunha zona moi transitada. Dita proposta se enmarca dentro do compromiso do BNG de Oroso, por acadar inversións que sexan de utilidade para a veciñanza, e que dunha maneira responsable e de maneira equitativa se responda ás necesidades de todas as parroquias do noso Concello.

IMG_20181118_110458_446

O BNG DE OROSO LEVA A PLENO A DEMANDA VECIÑAL DUNHA SENDA PEONIL EN MARZOA