#SUMANDOPOROROSO
POR UN ENSINO PÚBLICO DIGNO EN OROSO
O próximo xoves 25 de outubro, o BNG de Oroso vai celebrar un acto informativo sobre a situación do ensino no noso concello. O faladoiro, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro, porá de manifesto a situación dos diferentes centros educativos no concello de Oroso, e como a polÃtica de recortes do Partido Popular incide na educación dos nosos nenos e nenas.
O BNG de Oroso reafirma novamente o seu compromiso cun ensino 100% público, galego e de calidade, amosando a súa preocupación para que o concello de Oroso dispoña das mellores condicións para o desenvolvemento educativo dos nosos nenos e nenas.
Na charla intervirán Isabel Fernández, do BNG de Oroso, Diego Boquete, Concelleiro do BNG no Concello de Oroso e Secretario Acción Sindical e Comunicación da CIG Ensino, e Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento de Galicia. Durante o acto, farase un percorrido polos cambios negativos que nos últimos anos sufriu o ensino público de Galiza. Mudanzas que foron derivando a aulas máis masificadas, peche de escolas no rural ou a falta de profesorado que impide a abrir e manter liñas educativas comprometidas. Neste senso, abordaranse cuestións especificas do concello Oroso, como pode ser habilitar unha segunda liña no CEIP do Camiño Inglés o que suporÃa dispor de 4 liñas en educación infantil e primaria no concello, posibilidades de por en marcha o bacharelato evitando que os nosos rapaces e rapazas teñan que marchar a Santiago ou a Ordes, e revisar o deficiente estado por falta de inversións e mantemento das infraestruturas dos centros educativos de Oroso.