A NACIONALISTA ISABEL FERNÁNDEZ GALLEGO OCUPARÁ A CONCELLARÍA DE MULLERES, ENSINO E SERVIZOS SOCIAS
Acordo de goberno en Oroso entre o PSdeG-PSOE e o BNG
Tralos resultados electorais do pasado 26 de maio e despois de manter as pertinentes reunións de negociación entre o PSdeG-PSOE e o BNG de Oroso, queremos informar que ambas formacións políticas chegamos a un acordo de goberno que as dúas partes entendemos beneficioso e frutífero para seguir traballando e avanzando a prol do noso municipio.
Neste momento estamos en condicións de anunciar que a cabeza de lista do BNG en Oroso, Isabel Fernández Gallego, pasará a ocupar a Concellaría de Mulleres, Ensino e Servizos Sociais.
Do mesmo xeito anunciamos que en vindeiros días publicaremos o programa de goberno acordado conxuntamente e que consideramos o mellor para o noso Concello e a súa veciñanza.
Socialistas e nacionalistas acordamos tamén a creación dunha comisión de seguimento e avaliación do pacto de goberno.
En canto aos membros da Xunta de Goberno, restantes concellarías, organigrama e demais aspectos do goberno, serán dados a coñecer polo miúdo unha vez se produzan os plenos de investidura e de organización.
Ambas formacións queremos amosar a nosa satisfacción ante o acordo de goberno que vimos de acadar polo ben da veciñanza do noso Concello.