#PROTEXENDO O NOSO PATRIMONIO

O BNG LEVA AO PARLAMENTO DE GALIZA AS ACTUACIÓNS NA PONTE DE SIGÜEIRO

Captura PREGUNTA

O grupo parlamentar do BNG amosa a súa inquedanza polas obras realizadas recentemente na Ponte Sigüeiro e presenta no Parlamento de Galiza varias preguntas onde esixe información ao respecto.

 

O BNG LEVA AO PARLAMENTO DE GALIZA AS ACTUACIÓNS NA PONTE DE SIGÜEIRO

O BNG de Oroso trasladou a súa preocupación polas actuación que durante o mes de setembro estivéronse executando por parte do Ministerio de Fomento, a petición do Concello de Oroso, na ponte medieval de Sigüiero, situada na estrada N-550. Dita ponte medieval de Sigüeiro, datada nos séculos XII-XIII e reformada por Fernán Pérez de Andrade no século XIV, forma parte da ruta inglesa do Camiño de Santiago, sendo un dos referentes patrimoniais de dito Camiño Inglés.

Foi o seu suposto estado de deterioro, derivado do intenso tráfico que soporta, o que levou ao Concello de Oroso a instar ao Ministerio de Fomento a realizar de maneira urxente obras para o seu reforzo. Non temos constancia cales foron as razóns ou informes que manexaba o Concello de Oroso, para realizar dita petición urxente de intervención. Isto supuxo cementar a base dunha estrutura románico-gótica da ponte, así como o emprego de trades mecánicos para picar parte dos seus piares, segundo así constatan diferentes imaxes publicadas na prensa galega. Neste senso, existen serias dúbidas sobre as medidas adoptadas tanto por parte do Ministerio de Fomento como da Xunta de Galicia. Consideramos que dita actuación é un novo ataque contra o patrimonio artístico galego, e un desleixo na súa correcta conservación. 

ponte sigüeiro_2

O BNG LEVA AO PARLAMENTO DE GALIZA AS ACTUACIÓNS NA PONTE DE SIGÜEIRO