SOLICITAMOS QUE A TRAMITACIÓN DA TRANSFERENCIA DA AUTOESTRADA SE FAGA POLA VÍA DE URXENCIA COA PERSPECTIVA FUTURA DE ACADAR UNHA AP9 GALEGA E LIBRE DE PEAXES
O Goberno do Estado ten que aplicar xa as rebaixas na AP-9 acordadas co BNG
13 feb. 2021 - 16:52
Entre as medidas asinadas no acordo de investidura entre BNG e PSOE recollían a bonificación do cen por cen a todos os usuarios e usuarias recorrentes da AP9. “Aquelas que fagan, polo menos, dúas viaxes ao día todos os días da semana sexan particulares ou profesionais” explícanos o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.
A rebaixa das peaxes da AP-9 foi unha conquista do BNG.
Un ano despois é urxente:
- Que o Goberno aplique a rebaixa das peaxes da AP-9 e a gratuidade do treito Redondela-Vigo.
- Que o Goberno impulse a aprobación da Transferencia da AP-9.
Podedes ver de forma completa a postura do BNG sobre a autoestrada na seguinte ligazón