SEGUIMOS A PREGUNTAR POLA SAÍDA E ENTRADA DA AUTOESTRADA

Pleno Concello de Oroso

20170126 Pleno Xaneiro

Hoxe xoves, 26 de xaneiro, ás 19 horas no salón de plenos do Concello

Pleno Concello de Oroso

Orde do Día

I. PARTE RESOLUTORIA

  1. Aprobación de actas do Pleno do Concello
    1. Acta da sesión ordinaria do 24/11/2016, Acta 2016/11.
    2. Acta da sesión extraordinaria do 30/12/2016, Acta 2016/12.
  2. Aprobar se procede a rectificación anual do inventario municipal de bens e dereitos.
  3. Aprobar se procede a desafectación do tramo de camiño nº4 de camiño público existente en Senra, lugar de A Torre.

II. PARTE DE CONTROL

  1. Toma de coñecemento das resolucións da Alcaldía ditadas que van desde a nº1070/2016 do 21/11 ata o 62/2017 do 20/01.
  2. Toma de coñecemento dos reparos de legalidade emitidos pola Intervención Municipal entre o 21/11/2016 ata o 20/01/2017.
  3. Mocións dos Grupos municipais.
  4. Rogos e preguntas.

Desenvolvemento do pleno.

Apróbanse as actas, a rectificación do inventario e a desafección do camiño público de Senra.

Aprobase por unanimidade unha moción do PSOE para instar ao Goberno do Estado a que permita ás entidades locais reinvestir o seu superávit en 2017 sen necesidade de xerar novos ingresos polo mesmo importe.

Apróbase, sen os votos do PP e Anova unha proposta do PSOE para instar ao Goberno a modificar con urxencia a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local no referido á obriga de que as funcións de tesourería sexan desempeñadas por funcionarios con habilitación nacional en todos os Concellos de menos de 20.000 habitantes, así como prorrogar de xeito inmediato a non obrigatoriedade de habilitación nacional para os tesoureiros dos Concellos de menos de 5.000 habitantes.

Nos rogos e preguntas volvemos preguntar pola entrada e saída da autoestrada, comunícasenos que non hai novidades, que o ministerio di que vai estar rematada no 2017, seguiremos enriba do tema.

Pleno Concello de Oroso