RESUMO DO PLENO DO XOVES 26 DE SETEMBRO

Primeiro pleno da lexislatura

Pleno
Desde o BNG de Oroso presentamos dúas mocións unha sobre o cambio climático e outra de emerxencia feminista.
Primeiro pleno da lexislatura

O xoves 26 tivemos o primeiro pleno da lexislatura.

Foi elixido como xuíz de paz titular Eduardo Veiras e como substituta Beatriz Barbeito.

Dende o BNG presentamos 2 mocións propias, unha á emerxencia ao cambio climático e outra á emerxencia feminista e 2 conxuntas co PSOE  presentadas na deputación, sobre a problemática do xabaril e a situación do ensino neste comezo de curso.

A nosa concelleira incidiu na desigualdade de trato en investimento da Consellaría co noso concello así como a importancia dun novo orientador para os centros de ensino de primaria.

Mocións presentadas por Oroso Renovable.

Na lexislatura pasada votamos a favor da construción da rotonda, pero solicitamos e seguiremos solicitando a gratuidade do tramo Sigüeiro-Compostela.

Esta gratuídade debe ser efectiva xa no momento no que comecen as obras.

Non podemos votar a favor da Festa do grelo xa que non necesitamos outra macrofesta de inverno e logo esquecer a nosa veciñanza.

Nós queremos revitalizar o mercado dos sábados onde poder adquirir estes productos de proximidade...

O campo de fútbol de Oroso, cumpre as medidas que estipula a FIFA.

Quedou os moi claro que as mulleres  nin  adestramos, nin xogamos, nin diriximos.

Falemos de xogadoras, directivas, adestradoras... Porque a linguaxe tamén importa.

Primeiro pleno da lexislatura