#SUMANDOPOROROSO

A moción presentada polo BNG de Oroso para declarar persoas non gratas no concello aos membros da Manada, atopase coa negativa do PSOE que non permite a súa tramitación.

WhatsApp Image 2018-07-26 at 09.42.26
Diego Boquete durante o pleno de xullo de 2018

O voto negativo do PSOE impide o debate da moción do BNG de Oroso, fronte o voto favorable do resto dos membros da oposición. 

Neste pleno, tomou posesión o concelleiro do BNG Diego Boquete Sánchez, que entra na corporación de Oroso.

A moción presentada polo BNG de Oroso para declarar persoas non gratas no concello aos membros da Manada, atopase coa negativa do PSOE que non permite a súa tramitación.

No pleno deste 26 de xullo, o BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non gratas no concello aos membros da Manada, condenados por ter sometido a unha moza de 18 anos a reiterados actos sexuais, por parte de todos eles, en contra da súa vontade e facendo uso da súa condición de superioridade: numérica, física e de idade, durante os Sanfermíns de 2016. Dita proposta non puido ser debatida ao non ser aceptada a súa tramitación polos votos en contra do PSOE, a pesar do voto favorable do resto dos partidos que conforman a corporación municipal.

No seu lugar, aprobouse unha declaración institucional onde unicamente se manifesta a repulsa aos feitos cometidos polos compoñentes de 'La Manada'. Neste senso, dende o BNG de Oroso seguimos manifestando a nosa máis enérxica repulsa e condena de calquera forma de violencia cara a muller, e lamentamos esta actitude do grupo municipal socialista, a cal non entendemos, ao non seguir o mesmo criterio que dito partido adoptou noutros concellos onde foi presentada dita moción coma Ordes, Oleiros ou Coruña, onde si votaron a favor.

Ademais o BNG de Oroso levou a pleno diferentes preguntas acerca da execución da senda peonil entre Baxoia ata Bouzalonga, a cal a pesar de ser publicitada e prometida en diversas ocasións polo Alcalde dende o 2015, esta segue sen ser unha realidade a día de hoxe.

WhatsApp Image 2018-07-26 at 09.42.25

O novo concelleiro do BNG de Oroso, Diego Boquete, insistiu e resaltou a importancia das cuestións de seguridade vial e servizo á veciñanza de dita senda, así como as deficiencias de mantemento e iluminación deste tramo. O alcalde coincidiu na preocupación sobre o tema, indicando que sería presupostado para os próximos orzamentos, o cal confirma a pouca entidade que tiñan as promesas previas, ao non estar sustentadas economicamente para a súa execución. Dende o BNG de Oroso seguiremos atentos para que se solucionen as deficiencias e que a senda peonil se materialice o antes posible.

Ademais, realizáronse diferentes preguntas sobre os prazos de execución da pasarela do CEIP de Sigüeiro, a cal segundo o alcalde vai acumulando retrasos debido a problemas na tramitación na adxudicación da obra, ao existir varias ofertas en baixa temeraria.

Neste pleno, tamén se abordou por parte do BNG de Oroso a gratuidade da AP9 no tramo entre Sigüeiro e Santiago, así iniciativas a prol dunha maior participación e información da cidadanía como melloras da páxina web e dos puntos e carteis informativos do Concello. Tamén se votou a favor da proposta de nomeamento de fillo predilecto do concello ao veciño José Miguel Couselo Sánchez, xefe da Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

A moción presentada polo BNG de Oroso para declarar persoas non gratas no concello aos membros da Manada, atopase coa negativa do PSOE que non permite a súa tramitación.