O Consello Nacional aproba por amplísima maioría o programa e as candidaturas para o 21-O

O Consello Nacional aproba por amplísima maioría o programa e as candidaturas para o 21-O

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, respondeulle hoxe a Feijóo que “hai unha Galiza que resistiu 500 anos de dominación, unha Galiza indomábel e insubmisa que o 21 de outubro abrirá un novo tempo político para o noso país da man do BNG”.

Jorquera interveu esta mañá no Consello Nacional do BNG que aprobou por amplísima maioría tanto o programa como as listas coas que a formación nacionalista concorrerá ás eleccións galegas do 21 de outubro. Unhas candidaturas que estarán encabezadas por Francisco Jorquera, pola Coruña; Cosme Pombo, por Lugo; Tereixa Paz, por Ourense, e Carlos Aymerich por Pontevedra.

http://youtu.be/Re8VTNFOeoE

O candidato do BNG á presidencia da Xunta salientou que “a aprobación polo Consello Nacional é a culminación dun proceso exemplar, no que tanto as listas como o programa do BNG foron froito das achegas da militancia, que as refrendou por amplísima maioría nas asembleas comarcais”. “O BNG -subliñou- cré e exerce a democracia: no BNG as listas non as fai un señor unha tarde nun despacho”.

 O 21 de outubro a Galiza indomábel e insubmisa protagonizará un cambio político da man do BNG

Jorquera contrapuxo “unhas listas formadas por homes e mulleres capaces e comprometidos, que poñen a súa intelixencia e ilusión ao servizo de Galiza, cunhas listas do PP nas que Feijóo as usa para premiar as fidelidades e a incompetencia”.

Así, ironizou que o dirixente popular coloque á fronte da lista da Coruña á conselleira de Traballo, “para agradecer que en Galiza nunha houbera tanto paro en Galiza”, ou encabezando a lista por Ourense ao conselleiro de Educación, “para premiar a súa agresión ao ensino público, o desprezo á lingua galega e o financiamento a colexios que separan ao alumnado por sexos”.

En canto ao programa do BNG salientou “non é un relatorio de promesas, senón que encarga un proxecto de país”.

Só pode defender a soberanía de Galiza unha forza que non ten o seu centro de decisión en Madrid

Jorquera lembrou que “o 21 de outubro está en xogo que futuro queremos para Galiza” e deixou claro que “vai recaer sobre o BNG a responsabilidade de defender a soberanía para Galiza, de defender o autogoberno, porque só o pode facer unha forza que non ten o seu centro de decisión en Madrid, que non precisa tutelas alleas”.

A este respeito, o candidato nacionalista advertiu de que “no Estado español estamos a sufrir unha brutal ofensiva centralista, cun modelo que no económico busca concentra a riqueza, a costa de empobrecer a maioría social, e que no social acentúa as desigualdades e destrúe os servizos públicos”.

A Galiza tócalle dar o paso que deron Euskadi e Catalunya

Porén, salientou que “nese proceso non vai estar Euskadi nin Catalunya” e defendeu que “tampouco vai estar Galiza, porque queiran ou non Galiza tamén é unha nación”. Deste xeito, asegurou que “agora tócalle a Galiza dar un paso adiante, e só pode facelo reforzando o nacionalismo, dándolle máis forza ao BNG”.

E é que, para Francisco Jorquera, a soberanía é unha necesidade para Galiza e é consubstancial á democracia. Así, preguntouse se “nestes tempos de crise, é de recibo que os galegos non teñamos capacidade de decidir sobre o futuro do noso naval, da nosa pesca, do noso agro e que o noso futuro o decidan en Madrid ou en Bruxelas?”.

Que Feijóo lle pregunte á sociedade galega se quere máis soberanía

Neste sentido, Francisco Jorquera respondeulle ás declaracións de Feijóo nas que afirmou que o que defende o BNG non o quere a sociedade galega. Fronte a iso propúxolle “Que lle pregunte á sociedade galega se quere que o destino do seu aforro o decidan en Madrid, que pregunte á sociedade galega se está de acordo en que en Madrid ou Bruxelas decidan se podemos producir, que lle pregunte á sociedade galega se está de acordo con que se lle negue a Galiza o dereito de vivir do seu traballo, que llo pregunte á sociedade galega a ver que opina”.

“As políticas de Feijóo para Galiza foron as mesmas que as dos Reis Católicos: doma e castración”

Por outra parte, o candidato do BNG tamén lle retrucou a Feijóo quen esta semana votou man da historia para replicar á demanda do BNG de soberanía para Galiza.

Jorquera lamentou que “a Feijóo non se lle ocorreu mellor cousa que evocar a doma e a castración de Galiza, e xustamente non hai mellor resumo do que representaron as súas políticas para Galiza que esa evocación”.

“Pero que se entere Feijóo: hai unha Galiza indomábel e insubmisa, porque 500 anos de dominación non conseguiron que Galiza deixase de ser un pobo diferenciado”.

Por iso, respondeulle a Feijóo que “como dixo Castelao son uns imperialistas fracasados porque Galiza segue existindo como pobo e como nación”.

Jorquera apelou “a esa Galiza indomábel e insbumisa, á Galiza de Nunca Máis, de Queremos Galego, a que contestou os recortes” porque amosouse seguro de que “esa Galiza vai dar un paso adiante o 21 de outubro plantándolle cara aos recortes, defendendo a Galiza como nación e abrindo un novo tempo político da man do BNG”.

CANDIDATURAS DO BNG ÁS ELECCIÓNS GALEGAS DO 21 DE OUTUBRO

A CORUÑA

1.- Francisco Jorquera Caselas. A Coruña. Candidato á Presidencia da Xunta

2.- Ana Pontón Mondelo. Santiago. Deputada e Portavoz Parlamento de Galiza

3.- Ana Luisa Bouza. A Coruña. Deputada e Viceportavoz Parlamento de Galiza

4.- Fernando Blanco Parga. As Pontes. Ferrolterra. Deputado Parlamento de Galiza

5.- Belén Lendoiro. Carballo. Bergantiños. Concelleira

6.- Dores Torrado. Boiro. Barbanza. Concelleira

7.- Xoán Xesús Carril. Arzúa. A Montaña. Responsábel local

8.- Ánxela Franco. Porto do Son. Muros-Noia. Responsábel comarcal e Portavoz municipal

9.- Manuel Polo Gundín. Fene. Ferrolterra. Concelleiro

10.- Modesto Fraga. Fisterra. Costa da Morte. Responsábel comarcal e Portavoz municipal

11.- Mercedes Tobío. Ferrol. Ferrolterra. Responsábel comarcal e Concelleira

12.- Henrique del Río Otero. Betanzos. A Coruña. Portavoz municipal

13.- Victoria Louro. A Coruña. Consello local

14.- Renato Núnes. Teo. Santiago. Sindicalista

15.- Xoán Manoel Sande. A Laracha. Bergantiños. Responsábel comarcal. Portavoz municipal

16.-Dolores Pena. Outes. Muros-Noia. Portavoz municipal

17.- Xosé María Santín. Melide. A Montaña. Portavoz municipal

18.- Montse Rei. Ordes. Santiago. Concelleira

19.- Xoán Xosé Blanco Riveiro. Mazaricos. Muros-Noia. Portavoz municipal

20.- Abel López Soto. Sada. A Coruña. Portavoz municipal

21.- Cristina Andrade. A Pobra. Barbanza. Vicerresponsábel comarcal e concelleira

22.- Xosé Manuel Penas Patiño. Rois. Santiago. Ex-alcalde

23.- Tereixa Navaza. Santiago. Xornalista

24.- Camilo Nogueira. Santiago. Consello Nacional do BNG

 

LUGO

1.- Cosme Pombo Rodríguez. Lugo Centro. Mestre

2.- Isabel Sánchez Montenegro. Monforte. Lugo Sur. Deputada Parlamento de Galiza

3.- Ana Ermida Igrexas. Barreiros. A Mariña. Galiza Nova. Portavoz municipal

4.- Antonio Niño Saavedra. Lugo Centro. Sindicalista

5.- Xabier Campos. Ribadeo. A Mariña. Concelleiro

6.- Inés Novo. Vilalba. Lugo Centro. Concelleira

7.- Francisco Villanueva. Lugo. Traballador da Saúde.

8.- Cristina Ferreiro López. Lugo. Plataforma SOS Sanidade Pública

9.- Xosé Paleo Rodríguez. Foz. A Mariña. Sindicalista en Alúmina

10.- Mar Pérez Fra. Lugo. Profesora da USC

11.- Marco López. Xove. A Mariña. Portavoz municipal

12.- Concepción García Iglesias. Taboada. Lugo Sur. Consello comarcal

13.- Bernardo Fraga. Viveiro. A Mariña. Tenente de alcalde

14.- Elva Carreira. A Pastoriza. Lugo Centro. Tenente de alcalde

15.- Antón Bao. Lugo. Tenente de alcalde

 

OURENSE

1.-Tereixa Paz. Ourense-O Carballiño. Deputada Parlamento de Galiza

2.- Xosé Manuel Cid Fernández. Ourense. Profesor Universidade

3.- Teresa Devesa. Allariz. Allariz-A Limia. Responsábel comarcal Allariz-A Limia. Concelleira

4.- Xosé Rodríguez Cid. Cartelle. Celanova-Baixa Limia. Consello comarcal

5.- Iolanda Rodríguez Draycott. Carballeda de Ávia. O Ribeiro. Mestra

6.- Secundino Fernández Fernández. Viana do Bolo. Monterrei. Portavoz municipal

7.- Xoaquín Pérez. A Rúa. Valdeorras. Portavoz municipal

8.- Belén Martínez Portela. Ourense. Sindicalista

9.- Ramiro Rodríguez Suárez. Xinzo de Limia. Allariz-A Limia. Portavoz municipal

10.- Marco Antonio Reboredo Blanco. O Carballiño. Ourense-O Carballiño.

11.- Susana García Suárez. Ourense. Funcionaria. Activista pola normalización da língua

12.- Perfecta Losada. Verín. Monterrei. Portavoz municipal

13.- Francisco Nogueiras. Emigración. Empresario

14.- Alfredo Suárez Canal. Ourense. Deputado no Parlamento de Galiza.

 

PONTEVEDRA

1.-Carlos Aymerich Cano. Deputado. Executiva Nacional

2.- Carme Adán Villamarín. Vigo. Deputada. Executiva Nacional

3.- Montse Prado Cores. Cambados. O Salnés. Executiva Nacional

4.- Luís Bará. Pontevedra. Pontevedra. Concelleiro

5.- Daniel Rodas. Moaña. O Morrazo. Concelleiro

6.- Marta Dacosta. Gondomar. Vigo. Sindicalista e escritora

7.- Pedro Pereira. O Porriño. O Condado. Responsábel comarcal

8.- Mar Vila López. Dozón. A Estrada-Deza. Portavoz municipal. Plataforma contra a incineradora de O Irixo

9.- Xosé Manuel Méndez. O Rosal. Baixo Miño. Responsábel comarcal

10.- Iria Aboi. Marín. O Morrazo. Secretaria xeral de Galiza Nova

11.- Xesús López Carreira. Vigo. Consello Nacional

12.- Rosa Abuín. Vilagarcía. O Salnés. Sindicalista

13.- Xosé Ignacio Fernández Zárraga. Caldas de Reis. Pontevedra. Portavoz municipal

14.- Patricia Rodríguez Mariño. Salvaterra de Miño. O Condado. Concelleira

15.- Xosé Magariños Maceira. A Estrada. A Estrada-Deza. Portavoz municipal

16.- Margarita Caldas Moreira. Poio. Pontevedra. Concelleira

17.- Xosé Novas Piñeiro. Bueu. O Morrazo

18.- Cecilia Pérez Orge. Redondela. Vigo. Portavoz municipal

19.- Manuel González Moreira. Vigo. Plataforma SOS Sanidade Pública

20.- Victoria Canoura Leira. Ogrobe. O Salnés. Consello comarcal

21.- Cecilia Tarela Barreiro. Pontecesures. Pontevedra. Tenente de alcalde

22.- Bieito Lobeira. Marín. O Morrazo. Deputado e Coordenador do Grupo Parlamentar

O Consello Nacional aproba por amplísima maioría o programa e as candidaturas para o 21-O