Queremos un novo Colexio con todos os Servizos
20 xuño 2014 - 15:15
O BNG presentou no día de hoxe no Parlamento Galego dúas preguntas parlamentares e unha proposición non de lei sobre a apertura do novo CEIP sen todos os Servizos.
Como ben sabedes, hoxe dou comezo, cunha concentración/manifestación diante do Colexio, a loita por conseguir que o novo centro abra con todos os servizos necesarios.
Nesta Loita o BNG estará sempre ao lado da ANPA A nosa Escola e da veciñanza de Oroso, apoiando e dando ideas.
Dentro desta loita o BNG presentou no día de hoxe, 20 de xuño de 2014, no Parlamento Galego dúas preguntas parlamentares e unha proposición non de lei sobre a apertura do novo CEIP sen todos os Servizos.
Manterémosvos informadas e informados das respostas que se nos dean no parlamento.
Esperamos contar convosco para futuras asembleas e mobilizacións.