O BNG cualifica de «día de loito para Galiza» o falecemento de Avelino Pousa Antelo

O BNG cualifica de «día de loito para Galiza» o falecemento de Avelino Pousa Antelo

O BNG de Oroso expresa o seu fondo pesar polo falecemento de Avelino Pousa Antelo, incansábel traballador a favor do pobo galego, da lingua galega e do medio rural.

O BNG considera que hoxe é un día de loito para Galiza e transmítelle as súas condolencias á súa familia e amigos.

Para o BNG a figura de Avelino Pousa Antelo representa unha vida incansábel de defensa do autogoberno galego, de defensa da lingua e da cultura de Galiza e do desenvolvemento do medio rural galego.

 

O BNG cualifica de «día de loito para Galiza» o falecemento de Avelino Pousa Antelo