Pleno do 26 de xullo de 2012
26 xul. 2012 - 02:53
Convocatoria do pleno do Concello de Oroso para o xoves 26 de xullo de 2012, no que o BNG de Oroso presentará mocións contra os recortes nos servizos públicos, entre eles o ensino público, e tamén unha moción en contra do copago farmacéutico dos pensionistas.
O noso Concelleiro, Xosé Manuel Pérez Penas, tamén preguntará pola situación legal dos contedores de roupa usada da ONG Humana, dado o incesante ruído que hai sempre ao redor desta ONG, secta, segundo moitos foros.