A nova páxina web para un tempo de alternativas
A deputada do BNG e secretaria de comunicación da Executiva Nacional, Carme Adán, presentou a nova web do BNG o 11 de maio.
Desde o BNG de Oroso imos sumarnos á páxina da que Carme Adán salientou que se trata dunha web moi visual coa que queremos presentarnos diante da sociedade galega como unha organización que leva moitos anos traballando por este país e todo gracias a moita xente, que de xeito anónimo e desinteresado, foi construíndo esta organización.
Desde o BNG de Oroso desexamos que con esta nova web se nos coñeza mellor, que as nosas propostas sexan coñecidas en Internet e tamén para espallar as nosas alternativas para saír da situación de crise actual.
A vella páxina web a teredes accesíbel por un tempo desde a seguinte ligazón.