O BNG de Oroso presenta seis mocións e varias preguntas no Pleno Municipal de maio
O pleno do 30 de maio tiña, tal e como se ve na imaxe, como único punto da orde do día o traslado do pleno do 25 de xullo ao 24 de xullo ás 9:30 horas da mañá, en contra da proposta do BNG de trasladalo ás 19 horas do día 23.
O BNG de Oroso aproveitou este pleno para presentar as seguintes mocións:
- Moción contra a LOMCE.
- Moción contra as fumigacións masivas con herbicidas
- Moción contra a reforma da lei do aborto.
- Moción contra a nova Lei da Reforma Local.
- Moción polo mantemento dos partidos xudiciais.
- Moción polo mantemento dos xulgados de paz e da gratuidade dos rexistros civís.
Tamén se acorda, nunha moción presentada polo goberno, nomear ao antigo local do centro médico como "Centro Cívico".
Dentro do apartado de preguntas, o BNG trasladou as seguintes preguntas. Case todas elas son traslado de preguntas das veciñas e veciños de Oroso.
- Que pasou coa empresa de limpeza que prestaba os seus servizos no Concello? Quen asumiu a débeda coas traballadoras? Na nova adxudicación as traballadoras serán subrogadas? O alcalde só contesta a esta última pregunta dicindo que si, que serán subrogadas.
- Trasladamos a preocupación dos veciños polos traballos que está a realizar Erimsa na zona de Piñeirón. Segundo o alcalde non son catas, son extraccións que xa leva facendo a mesma empresa máis de 25 anos e foron paralizadas por queixas dos veciños.
- Teñen pensado acometer o final das beirarrúas que levan á Escola Infantil A Ulloa? Contesta o alcalde que se farán cando se poida. Suxerimos que mentres non se fan as beirarrúas se sinalice e delimite un espazo para os peóns.
- Solicitamos continuar con medidas de aforro enerxético no alumeado nocturno.
- Interesámonos polo estado calamitoso (para ser unha obra nova) do Cemiterio de Marzoa, trasladando unha petición dos veciños. O alcalde di que non é calamitoso e que non hai filtracións de auga. Recomendamos ver os seguinte documentos e xulgar por un ou unha mesma.
- Escrito sobre o estado do Cemiterio de Marzoa
- Estado actual, con fotografías, do "novo" Cemiterio de Marzoa
- Máis fotografías do estado do Cemiterio de Marzoa
- Preguntamos pola situación, que comeza a ser preocupante, das fachadas do Fernando Casas Novoa. Contesta o Alcalde que está prevista a súa reparación.
- Preocupámonos tamén polo estado das instalacións e do campo municipal de Oroso.
- Enumeramos varios problemas que segue a sufrir a Urbanización de Porto Avieira.
- Remate da senda peonil. Cando se poida.
- Beirarrúas deterioradas. Que se fará.
- Fochancas na Rúa Celso Emilio Ferreiro. Posteriormente ao pleno as máis grandes foron parcheadas.
- Continuación mellor dito, reparación, dos badéns de Porto Avieira, para evitar un posíbel accidente, xa que as condutoras e/ou condutores invaden o carril contrario para esquivalos. Posteriormente ao pleno foron reparados.
- Iluminación da rúa María Casares. Que se fará.