Aclaracións ao último pleno do Concello
O pleno celebrouse ás 8:30 da mañá.
Está claro que é unha hora que favorece a participación cidadá.
O BNG vota en contra dos orzamentos por continuístas e non participativos. A máis de non recollernos ningunha suxestión, nomeadamente un plan de emprego xuvenil.
E en canto á modificación do PXOM votamos a favor posto que sempre defendimos e pelexamos polo acceso e saida da autoestrada.
Ante a dúbida de se isto vai a amañar a situación de sete familias do noso concello, nós non somos xuíces, pero alegraríanos que así fora.
E ten que quedar claro, de aí o noso voto a favor, que todos os informes: Xunta, Fomento, Aviación, Concello SON FAVORÁBEIS Á MODIFICACIÓN!
E para rematar, esperemos que esta modificación do PXOM sexa unha solución e que se rematen no concello as licenzas ad hoc.