INFORMACIÓN DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE NOVEMBRO
Información do Pleno de novembro
Sesión Ordinaria do Pleno do Concello.
Día: 24 de novembro de 2016
Hora: 19:00 horas en primeira convocatoria. (2ª dous días despois).
Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello
Orde do día:
1. Aprobación das actas.
2. Aprobar provisionalmente a modificación puntual nº 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oroso aos efectos de dar cumprimento á Sentenza ditada polo TSXG no procedemento ordinario 4171/2005.
3. Toma en coñecemento das resolucións de Alcaldía.
4. Toma en coñecemento dos reparos de legalidade emitidos pola Intervención Municipal.
5. Toma en coñecemento do informe de Intervención e Tesourería do Concello respecto do estado de tramitación das facturas recibidas no terceiro trimestre do exercicio 2016.
6. Mocións dos Grupos Municipais.
7. Rogos e preguntas.
Información do Pleno:
Comeza o plena coa lectura dun manifesto contra a violencia de xenero.
Apróbanse as actas dos plenos anteriores por unanimidade.
Apróbase provisionalmente a modificación puntual nº 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oroso aos efectos de dar cumprimento á Sentenza ditada polo TSXG no procedemento ordinario 4171/2005.
Mocións dos Grupos Municipais.
O grupo do goberno presenta unha moción instando ao goberno da Xunta a elaborar un novo decreto de ordenación dos apartamentos turísticos, o BNG, vota favorabelmente xa que considera que mellorar esa lexislación é interesante para aumentar o número de prazas "hoteleiras" en Oroso. O PP vota en contra.
Mocións presentadas polo BNG de Oroso.
1. Moción para garantir o subministro eléctrico ás persoas sen recursos.
Aprobada cos votos en contra do PP
2. Solicitude da transfetencia da AP9.
Aprobada cos votos en contra do PP
3. Moción a prol da ampliación da acreditación por violencia machista, da creación do estatuto do feminicidio e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica.
Retirada en prol da unanimidade do manifesto inicial, presentámola posto que non sabíamos da existencia do manifesto.
Rogos e preguntas do Bloque.
1. Solicitamos o arranxo do pavimento da Rua Ulloa.
O pavimento estragouse polas obras da autopista, se non o arranxan executaran o aval de 24.000 euros pero iso leva o seu tempo.
2. Un remolque aparcado cerca do hostel mal estacionado e non deixa pasar.
3. Entregamos as lecturas de obrigatorias no CEIP Sigüeiro para que se dote a biblioteca municipal dos exemplares necesarios, tal e como e como foi compromiso do goberno a petición do BNG nun pleno anterior, faltan as dos centros outros centros do Concello.