O novo Goberno do Concello de Oroso custaranos máis de medio millón de euros
Alcaldía: Manuel Mirás Franqueira
A máis da alcaldía ten as competencias de Economía, Facenda, Urbanismo e Ordenación do Territorio.
Retribución por 30 horas semanais: 34.373,28 ao ano.
Tamén conta cunha Secretaria da Alcaldía que cobrará 21.356,70 ao ano.
Réxime interior, persoal, turismo, atención os maiores, comunicación, protocolo e coordinación: Vanesa Boo Martínez
Retribución por dedicación exclusiva: 22.400 ao ano.
Asumirá tamén a primeira Tenencia de Alcaldía.
Ensino, benestar social e atención ao menor: Beatriz Rodeiro Fernández
Retribución por 20 horas semanais: 11.946,67 ao ano.
Obras e servizos, medio rural, medio ambiente e relacións veciñais: Eduardo Veiras Rey
Non ten dedicación nin exclusiva nin parcial, iso quere dicir que non cobra un fixo, será que non é unha concellaría importante ou será que non se quere "tocar" a súa pensión de xubilado.
Pero cobrar cobrará, pertence a comisión de goberno e ao pleno, polo tanto ten como mínimo garantidos uns ingresos de 8.040 ao ano a sumar, así si, á súa paga de xubilado.
Seguridade cidadá, protección civil, voluntariado, parques e xardíns, parque móbil, limpeza viaria, mobiliario urbano e comercio: Antonio Leira Piñeiro
Retribución por dedicación exclusiva: 22.400 ao ano.
Muller, sanidade, piscina municipal e parroquias: María Liste Raña
Retribución por 15 horas semanais: 9.021,39 ao ano.
Deportes, cultura, xuventude, escolas infantís, aula de música, emprego e promoción: Luis Rey Villaverde
Retribución por dedicación exclusiva: 22.400 ao ano.
En definitiva as concelleiras e os concelleiros do goberno do PSOE custaranos a todas as orosás e orosáns a cantidade de 143.898,04 ao ano, o que no total dos catro anos fan un total de 575.592,16
A esta cantidade hai que sumarlle as asistencias (120 ) a órganos colexiados por parte parte das concelleiras e concelleiros da oposición.