O BNG de Oroso será a voz do pobo no Concello

Fotografías do acto de presentación da candidatura do BNG de Oroso Asembleas Abertas.
Tamén podes ler as ideas forzas do que será o programa do BNG de Oroso Asembleas Abertas.
https://youtu.be/dcjp4euXl98
Plan de participación cidadá
Por un Concello no que a veciñanza decida todos os días
O Concello gobernado polo BNG de Oroso contará cun Plan de Participación Cidadá e uns Orzamentos Participativos que dean voz real ás veciñas e aos veciños de Oroso.
A veciñanza decidirá parte dos orzamentos e terá voz nos plenos cando así o desexe.
Plan de inclusión social
Por un pobo onde os dereitos sexan para todas e todos.
Os dereitos das persoas non poden estar condicionados pola súa situación persoal, social ou económica nun concello no que goberne o Bloque Nacionalista Galego.
Defendemos e garantimos a igualdade en todas as parcelas da vida municipal xa que o importante son as persoas.
A educación non son edificios
Implica dotación de persoal, medios e proxecto.
Cubertas as necesidades de espazos físicos quedan agora dúas grandes carencias no noso Concello. A máis grave que os nosos fillos e fillas seguen a ter que marchar do Concello para estudar o Bacharelato.
E a segunda, a dotación de máis profesorado para unha mellor aprendizaxe.
A saúde non entende de horarios
Oroso precisa Urxencias 24 horas.
Ademais da evidente necesidade de Urxencias 24 horas o centro de saúde do noso Concello ten carencias de persoal sanitario como o de especialista en xinecoloxía ou outra enfermeira pediátrica.
Conectemos á mocidade coa cultura
Deámoslle alternativas de ocio á nosa xuventude.
Temos que lograr que a mocidade teña alternativas construtivas de ocio, non podemos reducir o seu lecer á Festa da Xuventude.
Desde locais de ensaio, desde dotar de xogos o centro cívico, desde programación de actividades...
Son múltiples e diversas as posibilidades que unha animadora ou animador sociocultural podería ter.