#AS IDEAS CLARAS #SUMANDO POR OROSO

O BNG de Oroso presenta a súa candidatura co aval do traballo realizado a prol da veciñanza

Presentación BNG Oroso 02052019
Presentación BNG Oroso

Isabel Fernández Gallego puxo en valor o traballo realizado polo BNG de Oroso e pide a confianza dos veciños e veciñas na cita do 26M. “´É preciso avanzar nun novo modelo de concello onde se priorice que a calidade de vida de toda a veciñanza”, salientou.

 

O BNG de Oroso presenta a súa candidatura co aval do traballo realizado a prol da veciñanza

Este xoves 2 de maio, o BNG de Oroso presentou no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro a candidatura coa que concorrera ás municipais do mes de maio. Este novo proxecto encabezado por Isabel Fernández, quere liderar o goberno local e traballar man a man coa veciñanza con honestidade e desde a humildade. “O noso aval e o traballo e esforzo do equipo dos compañeiros e compañeiras que hoxe me acompañan nesta candidatura”.

Presentación BNG Oroso 02052019_2

O actual concelleiro, Diego Boquete, e número 2 da candidatura puxo de manifesto o traballo e compromiso do BNG de Oroso neste últimos anos, onde dende a coherencia e a responsabilidade loitouse para conseguir mellorar os servizos e as infraestruturas no Concello. Durante o acto houbo un recoñecemento e apoio ás demandas laborais dos empregados do transporte de Sogama, que o único que queren é manter os seus postos de traballo nunhas condicións dignas.

Presentación BNG Oroso 02052019_4

O acto contou coa presenza de Nestor Rego o cal salientou o importante crecemento que tivo a formación nacionalista nas pasadas eleccións e a capacidade do BNG para construír unha alternativa sólida nos gobernos municipais. Os concellos onde está o BNG pensan primeiro nas persoas, estando ao lado dos veciños e veciñas. Ese contacto e cercanía, así como o compromiso pola veciñanza é o garante do traballo feito polo BNG durante estes anos en diferentes concellos de Galiza. “O bo facer en concellos como Pontevedra, Allariz ou Carballo é nosa a mellor carta de presentación do que queremos para Oroso”.

Presentación BNG Oroso 02052019_3

Isabel Fernández, subliñou que desde o BNG de Oroso queremos facer chamamento para construír unha nova alternativa, “e levar adiante un proceso que permita transformar Oroso. Estou convencida de que a veciñanza sabe que no BNG estamos en disposición de facer un concello de referencia: onde se prime a calidade de vida das persoas, con máis e mellores servizos educativos e sociais. Un Concello onde se promova o comercio local, a hostalaría, e o turismo; con parroquias vivas, que conteñan infraestruturas dignas e con servizos básicos implantados. Que mire cara os seus rios e potencie o seu patrimonio natural. Un concello do que tod@s nos sintamos orgullosas e no que queiramos vivir e poidamos traballar“, apuntou Isabel Fernández.

Presentación BNG Oroso 02052019_5

O BNG de Oroso presenta a súa candidatura co aval do traballo realizado a prol da veciñanza