TRABALLANDO A PROL DUN OROSO MELLOR

A ASOCIACIÓN SIGÜEIRO VENDE E O BNG DE OROSO REÚNENSE PARA COMPARTIR IDEAS A PROL DO COMERCIO LOCAL

BNG Siguiero Vende 12072018_3
Reunión BNG Oroso con Sigüeiro Vende

O BNG de OROSO e a ASOCIACIÓN SIGÜEIRO VENDE mantiveron unha reunión para compartir ideas e inquedanzas a prol da dinamización do comercio de proximidade no concello de Oroso.

A ASOCIACIÓN SIGÜEIRO VENDE E O BNG DE OROSO REÚNENSE PARA COMPARTIR IDEAS A PROL DO COMERCIO LOCAL

O pasado xoves 12 de xullo, reuníronse membros do Consello Local do BNG de OROSO e da Directiva da ASOCIACIÓN SIGÜEIRO VENDE co fin de poñer en común as diferentes iniciativas, propostas e proxectos que afectan ao comercio da nosa vila. Dende o BNG de Oroso valoramos moi positivamente este tipo de reunións coa veciñanza, de maneira que poidamos saber de primeira man as principais demandas e necesidades que neste caso precisan os comerciantes do noso Concello, e así poder facer propostas encamiñadas a afrontar as posibles melloras.

BNG Siguiero Vende 12072018_9

Dende o BNG de Oroso apoiamos ao comercio local, co fin de xerar un espazo económico e polo dinamizador que permita manter os postos de traballo existentes e a creación de novos empregos. Este intercambio de opinións, puxo de manifesto a potencialidade dos nosos comerciantes, e a necesidade de facer de maneira conxunta un proxecto atractivo e que xere ilusión, de xeito que achegue actividade económica a nosa vila. A reunión serviu para reiterar a colaboración e apoio do BNG de OROSO en todos os proxectos que se leven a cabo dende SIGÜIERO VENDE.

BNG Siguiero Vende 12072018_1

Dita reunión, enmarcase dentro dunha rolda de conversas que novo concelleiro do BNG de Oroso, Diego Boquete, está a ter con diferentes entidades e axentes sociais, económicos e educativos do noso concello, para recoller as diferentes necesidades e servizos que precisa Oroso e así poder darlle resposta.

A ASOCIACIÓN SIGÜEIRO VENDE E O BNG DE OROSO REÚNENSE PARA COMPARTIR IDEAS A PROL DO COMERCIO LOCAL