Voceiro
Voceiro
asemblea 18072018_2

NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. SEGUIMOS TRABALLANDO PARA A NOSA VECIÑANZA

O BNG de Oroso lidera iniciativas a prol da mellora do noso Concello, presentando nos últimos plenos diferentes cuestións que preocupan a nosa veciñanza, achegando propostas para a súa inmediata solución.

Dunha maneira responsábel propoñemos alternativas realistas, co único interese de seguir conseguindo servizos de calidade no noso Concello.

Ler novas
Voceiro
Boletin0-Oroso_def-001

NOVO VOCEIRO BNG OROSO

No pleno extraordinario celebrado o pasado 23 de febreiro aprobáronse as actuacións que se van incluír no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación provincial. Entre outras, aprobouse a execución da pasarela entre o CEIP de Sigüeiro e o Pavillón Juanito Amigo, solicitude histórica do BNG de Oroso, que, por fin, vemos conseguida.

Conseguimos tamén que se incluíse no orzamento do 2018, o peche exterior da pista polideportiva do CEIP do Camiño Inglés. Non pararemos ata que estas dúas obras sexan unha realidade.

Ler novas