QUE VAI PASAR COAS NOSAS PENSIONS?
O xoves 12 de abril, o BNG de Oroso celebrou un acto informativo sobre o futuro das nosas pensións. O faladoiro, que tivo lugar no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro, no Concello de Oroso, contou coa presenza de Isabel Fernández, do BNG de Oroso, Anxo Louzao, ex secretario nacional da CIG ensino, e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galicia.