5. Isabel Fernández Gallego
Nacín en Lugo no ano 1968, e vivo no Concello de Oroso dende 2002.
Traballei sempre para a empresa privada como administrativa e dende hai 4 anos estou en "paro".
O feito de atoparme nesta situación fixo posíbel que me involucrase máis nas actividades do concello.
Cando desde o BNG de Oroso me propuxeron ir con eles nás listas non o pensei moito e dixen "adiante".
Despois matinei: "en que fregado te metiches...!", pero ás veces chega o momento de comprometerse un pouquiño máis e así foi.
Desde sempre o meu pensamento ideolóxico coincide con eles, e a proba é que son afiliada á CIG desde hai anos; espero non defraudar á veciñanza de Oroso e poder transmitir as nosas inquedanzas e necesidades o mellor posíbel.
https://youtu.be/iGaz_5vZWXM