4. Iago Torrado Vázquez
Nacín en Malpica de Bergantiños no 1989. Estou rematando os meus estudos do ámbito das TIC, e levo vivindo en Sigüeiro dende o 2013.
Por diversos motivos nunca pasei moito tempo no mesmo sitio, e con 9 anos tiven que emigrar xunto con meu pai e meus irmáns ao estranxeiro. Cando tiven o dereito de decidir por min mesmo, retornei á miña terra a retomar aquilo que me foi arrebatado.
Até fai moi pouco estiven convencido de que se me volvería a arrebatar a oportunidade de vivir aquí, e que tería que volver a emigrar.
Negueime. Decidín activamente ficar para loitar. E a pesar de que levo pouco tempo en Oroso, detesto ver que á xuventude non lle queda máis remedio que marchar do concello para estudar, traballar e vivir.
Eu aposto polo BNG porque é a unica organización que defende, tanto dende as institucións como dende a rua os nosos dereitos sociais.
Quere garantir un ensino público de calidade, unha sanidade digna, máis dereitos sociáis e un concello para as persoas.
Quero loitar xunto co resto desta sociedade para garantir un futuro viable para este concello e para os seus habitantes.
Un concello no que poidamos ficar as xeracións futuras e actuáis. Onde poidamos criar as nosas fillas dentro dun entorno e cuns dereitos que se merezan.
O futuro de Oroso depende de NÓS.
https://youtu.be/sL7SW5esp30