Imprimir

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

BNG de Oroso | 11 de maio de 2018

A FEIRA DAS LETRAS_REV5
A FEIRA DAS LETRAS_REV5

O próximo 16 de maio, na praza Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro), ás 18:00 o BNG de Oroso vai celebrar un acto en homenaxe a María Victoria Moreno, a autora do Día das Letras Galegas do 2018. 

Ideamos unha proposta para os máis pequechos do noso concello, con xogos e obradoiro de confección de elementos mariños con papel, seguindo a arte xaponesa de pregado ou origami, aderezada coas narracións e relatos que María Victoria Moreno nos deixou no libro Mar adiante e con xogos na que a participación da rapazada será fundamental. Para elo contaremos co espectaculo de Xandobela, "Navengando entre papel e contos mar adiante", co que viaxeremos no noso propio “Arroás”, nun barquiño feito coas nosas mans para descubrir o que lle aconteceu á tripulación de tan especial escola: exploraremos a illa dos paxaros, coñeceremos o conto do lobo, a don Amodo e a historia do luceiro e Cravisca... ESPERÁMOSTE!!

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/dia-das-letras-galegas-2018/20180511114210001011.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Oroso

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo Nacional: sedenacional@bng.gal
Correo Oroso: oroso@bng.gal