O novo Goberno do Concello de Oroso custaranos máis de medio millón de euros

O novo Goberno do Concello de Oroso custaranos máis de medio millón de euros

Goberno de Oroso

Alcaldía: Manuel Mirás Franqueira

A máis da alcaldía ten as competencias de Economía, Facenda, Urbanismo e Ordenación do Territorio.

Retribución por 30 horas semanais: 34.373,28 € ao ano.

Tamén conta cunha Secretaria da Alcaldía que cobrará 21.356,70 € ao ano.

Réxime interior, persoal, turismo, atención os maiores, comunicación, protocolo e coordinación: Vanesa Boo Martínez

Retribución por dedicación exclusiva: 22.400 € ao ano.

Asumirá tamén a primeira Tenencia de Alcaldía.

Ensino, benestar social e atención ao menor: Beatriz Rodeiro Fernández

Retribución por 20 horas semanais: 11.946,67 € ao ano.

Obras e servizos, medio rural, medio ambiente e relacións veciñais: Eduardo Veiras Rey

Non ten dedicación nin exclusiva nin parcial, iso quere dicir que non cobra un fixo, será que non é unha concellaría importante ou será que non se quere "tocar" a súa pensión de xubilado.

Pero cobrar cobrará, pertence a comisión de goberno e ao pleno, polo tanto ten como mínimo garantidos uns ingresos de 8.040 € ao ano a sumar, así si, á súa paga de xubilado.

Seguridade cidadá, protección civil, voluntariado, parques e xardíns, parque móbil, limpeza viaria, mobiliario urbano e comercio: Antonio Leira Piñeiro

Retribución por dedicación exclusiva: 22.400 € ao ano.

Muller, sanidade, piscina municipal e parroquias: María Liste Raña

Retribución por 15 horas semanais: 9.021,39 € ao ano.

Deportes, cultura, xuventude, escolas infantís, aula de música, emprego e promoción: Luis Rey Villaverde

Retribución por dedicación exclusiva: 22.400 € ao ano.

En definitiva as concelleiras e os concelleiros do goberno do PSOE custaranos a todas as orosás e orosáns a cantidade de 143.898,04 € ao ano, o que no total dos catro anos fan un total de 575.592,16 €

A esta cantidade hai que sumarlle as asistencias (120 €) a órganos colexiados por parte parte das concelleiras e concelleiros da oposición.

Isto é información non opinión, a opinión deixámola nas vosas mans.