SE CRES QUE ISTO É XUSTO, A PARTIR DO 10 DE NOVEMBRO ABRIREMOS UNHA NOVA ETAPA NA POLÍTICA.

OS AUTÓNOMOS E AUTÓNOMAS SON O MOTOR DO EMPREGO EN MOITAS DAS NOSAS VILAS E CIDADES

O BNG de Oroso considera que os autónomos e autónomas son un colectivo estratéxico para o desenvolvemento da nosa terra.

Neste senso, a nosa concelleira Isabel Fernández xunto co candidato ao congreso do BNG pola Coruña, Nestor Rego, departiron con comerciantes de Oroso para escoitar as súas principais inquedanzas e propostas.

Son preocupacións compartidas a suba do IVE do 10 ao 21 por cento, o incremento nos tramos do IRPF, o encarecemento no aluguer dos locais comerciais… por iso defendemos a necesidade dunha fiscalidade xusta, a redución das trabas burocráticas e administrativas, dispor dunha tarifa eléctrica propia, o traspaso da AP-9, favorecer o acceso ao crédito e axudas ao pequeno comercio…

Se cres que isto é xusto, a partir do 10 de novembro abriremos unha nova etapa na política.