GRATUIDADE DA AUTOESTRADA COMPOSTELA - SIGÜEIRO

Oroso libre da peaxe da AP9!

Autoestrada gratuíta!!
Autoestrada gratuíta!!
O BNG de Oroso na voz da súa concelleira, Isabel Fernández Gallego, reclama a necesidade de liberar de peaxe o tramo da Autoestrada do Atlántico AP-9 entre Sigüeiro e Santiago de Compostela como alternativa á nacional N-550 sobre todo neste momento que se vai efectuar a construción da tan necesaria rotonda na confluencia desta coa DP3801.
Oroso libre da peaxe da AP9!
Esta obra, imprescindible para axilizar o tráfico ao seu paso pola nosa localidade, vai provocar unha serie de atascos que prexudicará a vida da nosa veciñanza así como a economía das nosas empresas. Por este motivo esiximos a gratuídade da AP9 tal como se produce entre outras localidades e a capital galega. As xentes de Oroso non son cidadanía de segunda.