O PP VOTOU EN CONTRA DE TODAS AS EMENDAS QUE PRESENTOU O BNG DE OROSO
Acompañárona na visita a Concelleira do BNG de Oroso, Isabel Fernández, e a Responsábel Local Margarita Mejuto
Na tramitación dos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2.021 o BNG de Oroso ao través do BNG no Parlamento Galego presentou emendas que o PP negou.
Algúns exemplos son:
- Proxecto de Albergue no Concello.
- Converter a pista do Camiño Inglés nun pequeno pavillón.
- Patio cuberto no IES de Oroso.
- Centro de día público no noso Concello.
- Proxecto de depuradora de augas residuais (EDAR) en Porto Avieira.
- Ampliación da EDAR de Sigüeiro
Ningunha destas mocións foi apoiada polo Partido Popular, imaxinamos que o PP de Oroso non as verías necesarias, aínda que poucos días despois facendo uso da súa habitual demagoxia apoiase unha moción a favor dun centro de día público no Concello, seica en Oroso si pode votar a favor pero en Santiago non?.
Desde o BNG de Oroso seguiremos a loitar tanto en Oroso, como en Santiago ou Madrid polo noso Concello e a súa veciñanza.