#feijóomentirán II: Incumprimentos en servizos sociais e Lei de dependencia.
http://youtu.be/Z62ehezWu7I
Na campaña eleitoral de 2009 Feijóo comprometeuse co pobo galego a que se o Partido Popular gañaba as axudas á dependencia cobraríanse na metade de tempo. É máis, animaba ás persoas en situación de dependencia con dereito a axuda que denunciasen ao Goberno se non cobraban as prestacións.
3 anos e medio de despois, Feijóo incumpriu todas as súas promesas eleitorais nesta materia. Hoxe en Galiza máis da metade das persoas con dereito á axuda de dependencia non cobran a axuda. En total case 25.000 galegos e galegas.
Ademáis, o goberno de Rajoy reduciulle un 15% a paga ás coidadoras de persoas dependentes e deixou de financiar as cotizacións sociais das coidadoras.
Deste xeito, o balanzo do Goberno de Feijóo é que, segundo os datos do propio Goberno Central, Galiza suspende en atención á dependencia e pasou a estar no furgón de cola do Estado en servizos sociais, cun gasto medio por habitante de 256 euros fronte á media estatal de 280 horas.