ACORDO ENTRE O BNG DE OROSO E O PSDEG-PSOE DE OROSO
Acordo programático para o goberno do Concello de Oroso
Nesta nova poderedes ver o acordo que se asinou para o goberno do noso Concello, esperamos que dentro de catro anos estea totalmente cumprido ou en vías de cumprimento.
Grazas de novo pola vosa confianza.
ACORDO PROGRAMÁTICO
ÁREAS
INFRAESTRUTURAS E COMUNICACIÓN
-
Eliminar totalmente as barreiras arquitectónicas.
-
Reconstruír a glorieta da praza da Foca en Sigüeiro.
-
Continuar coa preparación de sendas peonís en todas as parroquias (Marzoa, Baxoia, Bouzalonga…)
-
Reurbanizar a avenida da Grabanxa.
-
Instalar un parque cuberto.
-
Promover unha senda verde entre Santiago-Oroso-Tordoia-Ordes-Cerceda.
-
Construír unha nova Casa do Concello.
MEDIO AMBIENTE E LIMPEZA VIARIA
-
Promover, mediante campañas selectivas, a reciclaxe, a compostaxe e a separación de todo tipo de residuos sólidos urbanos.
-
Instalar puntos de compostaxe en diferentes lugares do concello.
-
Concienciar, mediante campañas, sobre a necesidade dun maior respecto polo medio tanto rural como urbano.
-
Mellorar o mantemento das sendas do Tambre .
-
Proceder á promoción paisaxística e do patrimonio cultural.
-
Demandar da Xunta de Galicia a recuperación e acondicionamento das marxes dos ríos na zona de dominio público.
URBANISMO
-
Rematar as modificacións que están en marcha do Plan Xeral de Ordenación Municipal, onde se ampliará o solo do núcleo rural ata onde a Lei do solo de Galiza o permita.
-
Elaborar un estudo pormenorizado do territorio para outras posibles modificacións ata onde a Lei do Solo de Galiza e as leis sectoriais o permitan.
-
Dar un novo impulso ao polígono San Martiño II de Oroso para atender a demanda de novas empresas, mediante o desenvolvemento en tres fases para que resulte máis sustentable economicamente.
MULLER, EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS
MULLERES
-
Incorporar cláusulas sociais na contratación pública, coa finalidade de favorecer a selección de empresas que destaquen por desenvolver unha política a prol da igualdade e a integración social.
-
Ampliar os servizos que favorezan a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar.
-
Impulsar a creación dun centro de información á muller que dea servizo de atención e asesoramento legal, formativo e de promoción de emprego como base para unha política de igualdade.
-
Realizar unha abordaxe integral da violencia de xénero apoiando ás asociacións que traballan coas mulleres que son ou foron vítimas da violencia machista.
-
Promover foros de mulleres (Consello de mulleres, Consello das mulleres novas, Mesa de loita contra a violencia, Mulleres do rural…) así como o desenvolvemento do plan de igualdade.
EDUCACIÓN
-
Ampliar a escola infantil municipal.
-
Seguir mantendo e mellorando as escolas unitarias do medio rural para que as nenas/os teñan a escola preto do fogar.
-
Pór en marcha campañas de matriculación. Para promover que as nosas fillas e fillos poidan estudar no Concello crearase un sistema municipal de bolsas de estudo en todos os niveis educativos.
-
Loitar pola implantación de Bacharelato no IES de Oroso.
-
Solicitar que o CEIP Camiño Inglés conte con dúas liñas en todos os niveis educativos.
-
Reclamar a asunción do comedor do CEIP Camiño Inglés por parte da Consellería de Educación.
-
Manter reunións coa Delegación da Xunta para a ampliación do patio cuberto do CEIP de Sigüeiro.
-
Instar á Xunta de Galiza a cubrir un dos patios do IES de Oroso.
-
Crear o Consello Escolar Municipal.
-
Promover o cambio de denominación dos centros educativos por nomes de persoeiros destacados da cultura galega.
SERVIZOS SOCIAIS
-
Impulsar unha ordenanza de axudas de emerxencia social, de maneira que se poidan garantir a vivenda e a subministración de servizos básicos a todas as familias do municipio en risco de exclusión.
-
Implantar un Fondo social municipal de vivenda, integrado por pisos conveniados a través de rebaixas no imposto de bens inmóbeis con promotores ou bancos para fins de emerxencia social, aluguer social e emancipación da xente nova.
-
Establecer un plan integral para dar mellores servizos: xantar na casa, lavandería, coidadores para o servizo a domicilio, etc.
-
Levar a cabo a universalización do servizo de comedores escolares para o alumnado de familias en risco de exclusión.
-
Seguir cos programas de conciliación familiar
-
Promover un plan de prevención do xogo e de consumo de drogas.
-
Poñer en marcha campañas periódicas de información sobre transtornos da alimentación (bulimia, anorexia), a sexualidade (anticoncepción, prevención das ETS…), ou as múltiples dependencias (drogras, xogo, móbil...).
-
Crear un programa municipal de ludoteca.
SANIDADE
-
Esixir a ampliación do horario de apertura do centro de saúde (pola tarde, urxencias de fin de semana).
-
Solicitar a praza de xinecoloxía e xeriatría e traballador/a social.
CULTURA
-
Ampliar a biblioteca municipal.
-
Reformar o centro cultural Fernando de Casas e Novoa para convertelo en auditorio.
-
Construír un local para a escola de música e ensaios.
-
Potenciar nos eventos culturais a participación de grupos de música de diferentes estilos (Rock, folk...)
-
Continuar co apoio ao Psicotroita.
-
Apoiar as festas populares parroquiais.
-
Continuar coa celebración da Festa da troita.
-
Municipalizar a escola de música.
-
Dotar a biblioteca dun espazo de estudo as 24 horas, con apertura dun sistema de pegada dixital.
DEPORTE
-
Promover novos deportes.
-
Potenciar o deporte feminino.
-
Acondicionar o polideportivo do CEIP Camiño Inglés para a súa utilización continuada.
-
Rematar o campo de fútbol de Oroso.
-
Mellorar o campo de fútbol de Deixebre (vestiarios e servizos sanitarios).
-
Cambiar o céspede do campo Lino Balado e cubrir a bancada.
-
Seguir promovendo a carreira pedestre.
-
Construír unha pista de mini hóckey.
-
Crear un parque calistenia.
XUVENTUDE
-
Apoiar as entidades xuvenís.
-
Crear a casa da mocidade onde se leve a cabo unha programación de actividades dirixidas a promover un ocio saudable.
TURISMO
-
Pór en valor as zonas recreativas.
-
Establecer un plan integral de recuperación do noso patrimonio histórico.
-
Promover o Camiño Inglés e dotalo de fontes.
-
Potenciar o Centro de Estudos do Camiño Inglés.
-
Recuperar as fontes e lavadoiros.
-
Continuar coa celebración da Festa da troita.
MEDIO RURAL
-
Promover a agricultura ecolóxica apoiando e potenciando iniciativas no ámbito do rural que permitan o comercio de proximidade, coa celebración de mercados e feiras que impulsen a venda dos produtos autóctonos.
-
Rematar o ciclo da auga levándoa a todos os núcleos urbanos así como a rede de saneamento.
-
Construír estanques de auga nas parroquias para lavado de cisternas e para recarga en caso de incendio.
-
Instalar un servizo de Banda Ancha.
INDUSTRIA
-
Traballar para conseguir a gratuidade da AP9 de maneira que as nosas empresas sexan máis competitivas, impulsando deste xeito a actividade empresarial do concello.
-
Promover a instalación puntos de carga para vehículos eléctricos e híbridos.
COMERCIO E HOSTELERIA
-
Poñer en marcha cursos de orientación, promoción, formación e apoio ás propostas dos comerciantes.
-
Promover o asociacionismo na hostalería.
-
Apoiar as xornadas gastronómicas.
SERVICIOS ADMINISTRATIVO
-
Implementar un programa de eficiencia medioambiental e enerxético en todas as instalacións do concello.
EMPREGO
-
Asinar convenios coas empresas para as prácticas e formación da xuventude, unha vez rematada a súa formación académica.
-
Manter o axente de emprego local e crear un portal especializado na busca de emprego.
-
Demandar da Xunta de Galicia axudas para emprego xuvenil e os parados longa duración.