O Martes 18 ás 20 horas no Casas Novoa en Oroso #proponconnosco.

O Martes 18 ás 20 horas no Casas Novoa en Oroso #proponconnosco.

#proponconnosco, o BNG abre o seu proceso interno á sociedade.

O BNG vén de dar o primeiro paso no camiño da apertura do seu proceso interno á sociedade galega e faino, dun xeito moi significativo, a través da súa páxina web.

#proponconnosco constitúese como unha canle de comunicación aberta á sociedade e cun doble carril, ademais, xa que todas as mensaxes que se envíen a esta sección da web recibirán unha resposta personalizada.

Trátase de facilitar camiños para que se poida efectivizar a colaboración dos cidadáns e cidadás galegos neste proceso de reflexión que, deste xeito, deixa de ser exclusivamente interno para se abrir a aportacións externas.

Na sección que vén de porse en funcionamento hai apenas uns minutos, todos os galegos e galegas poderán descargarse o documento no que se recollen en síntese diversas aportacións e reflexións verquidas pola militancia nas asembleas comarcais do BNG.

“Construíndo futuro” é o título deste documento no que baixo distintos epígrafes se reflexiona sobre o que o Bloque Nacionalista Galego quer facer para asentar os alicerces dun novo futuro.

Http://bng.gal/proponconnosco/

En Oroso dentro deste proceso termos unha ASEMBLEA ABERTA a simpatizantes e veciñanza o Martes 18 ás 20 horas no Casas Novoa.

Ven dicirnos o que pensas de nós.

#PropónConnosco

O Martes 18 ás 20 horas no Casas Novoa en Oroso #proponconnosco.