Imprimir

Queremos un novo Colexio con todos os Servizos

BNG de Oroso | 20 de xuño de 2014

O BNG presentou no día de hoxe no Parlamento Galego dúas preguntas parlamentares e unha proposición non de lei sobre a apertura do novo CEIP sen todos os Servizos.

20140620 Novo CEIP

Como ben sabedes, hoxe dou comezo, cunha concentración/manifestación diante do Colexio, a loita por conseguir que o novo centro abra con todos os servizos necesarios.

Nesta Loita o BNG estará sempre ao lado da ANPA A nosa Escola e da veciñanza de Oroso, apoiando e dando ideas. 

Dentro desta loita o BNG presentou no día de hoxe, 20 de xuño de 2014, no Parlamento Galego dúas preguntas parlamentares e unha proposición non de lei sobre a apertura do novo CEIP sen todos os Servizos.

Manterémosvos informadas e informados das respostas que se nos dean no parlamento.

Esperamos contar convosco para futuras asembleas e mobilizacións.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outrasnovas/queremos-novo-colexio-todos-servizos/20140620131542000811.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Oroso

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo Nacional: sedenacional@bng.gal
Correo Oroso: oroso@bng.gal