NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. O TRABALLO E A PERSEVERANZA TEÑEN FROITO

No pleno extraordinario celebrado o pasado 23 de febreiro aprobáronse as actuacións que se van incluír no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación provincial. Entre outras, aprobouse a execución da pasarela entre o CEIP de Sigüeiro e o Pavillón Juanito Amigo, solicitude histórica do BNG de Oroso, que, por fin, vemos conseguida.

Conseguimos tamén que se incluíse no orzamento do 2018, o peche exterior da pista polideportiva do CEIP do Camiño Inglés. Non pararemos ata que estas dúas obras sexan unha realidade.

NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. O TRABALLO E A PERSEVERANZA TEÑEN FROITO

TRABALLANDO POLA VECIÑANZA

O BNG de Oroso preocúpase polo benestar da veciñanza. Fronte ao que outras forzas políticas fan, nós si estamos interesados en mellorar os servizos do noso concello.
Como exemplo, no noso voceiro poderás atopar algunhas das intervencións nos plenos do último ano.

8M - FACENDO HISTORIA. AS MULLERES DO BNG DE OROSO EN LOITA

O movemento feminista galego en pé contra o machismo e a desigualdade.
As mulleres de Oroso saímos á rúa esixindo mudanzas reais e querémolas XA!

No voceiro poderás coñecer diferentes opinións sobre a situación da muller na Galiza e en Oroso.
Sabemos que se nós paramos, para o mundo!

ENTREVISTA A ANA PONTÓN

O BNG impulsa o cambio nos concellos e mellora as condicións de vida da veciñanza

Conversamos coa Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, ante o novo proceso de eleccións municipais previsto para o mes de xuño de 2019. O BNG xa celebrou o Consello Nacional para dar paso á elaboración dos proxectos e candidaturas que aspirarán a conformar os futuros gobernos municipais nos concellos do país, co impulso e a aspiración de construír un novo tempo para Galiza.

http://oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/04/06/Boletin0-Oroso_def.pdf

NOVO VOCEIRO DO BNG DE OROSO. O TRABALLO E A PERSEVERANZA TEÑEN FROITO