sigueiro
NOVAS
Gratuidade da autoestrada Compostela - Sigüeiro

Gratuidade da autoestrada Compostela - Sigüeiro

O BNG de Oroso na voz da súa concelleira, Isabel Fernández Gallego, reclama a necesidade de liberar de peaxe o tramo da Autoestrada do Atlántico AP-9 entre Sigüeiro e Santiago de Compostela como alternativa á nacional N-550 sobre todo neste momento que se vai efectuar a construción da tan necesaria rotonda na confluencia desta coa DP3801.
Ler nova
PLENOS
Conseguida a pasarela desde o CEIP Sigüeiro ao pavillón Juanito Amigo

Conseguida a pasarela desde o CEIP Sigüeiro ao pavillón Juanito Amigo

No pleno extraordinario celebrado o pasado 23 de febreiro aprobouse o POS que recolle entre outras obras a pasarela entre o CEIP de Sigüeiro e o Pavillón Juanito Amigo, solicitude histórica do BNG de Oroso, á que ao fin vemos logro.

Non esquecemos, e seguiremos pelexando, o peche da pista polideportiva do CEIP do Camiño Inglés.

Ler nova