Programa Electoral para facerlles frente. Gobernamos nós a nosa terra

Programa Electoral para facerlles frente. Gobernamos nós a nosa terra

Programa electoral do BNG

No actual contexto de ofensiva do capitalismo neoliberal, cómpre amosarmos valentía para facer fronte ao saqueo que se presenta como “xestión da crise” e a unha negación -como nunca antes se dera- do dereito a nos gobernarnos por nós mesm@s sen inxerencias. Desde o BNG vimos traballando a pé de rúa, a carón das maiorías sociais, mobilizándonos para que se resolvan os seus problemas, contra os recortes e ataques contra dereitos sociais básicos que se desenvolveron desde os gobernos de distinto signo no Estado español ao longo dos últimos tres anos e a que tamén o actual goberno galego está a lle pór o ramo. Mais tamén, vimos propoñendo alternativas, medidas que son posíbeis e para as que só fai falta ter vontade política. Apostamos por medidas que garantan unha saída desta agónica situación económica e social a quen sofre as consecuencias e as desigualdades inherentes ao capitalismo especulativo, que permitan a galegos e galegas viviren e traballaren na nosa terra e teren unhas condicións dignas de vida.

Ligazón ao programa electoral

Programa Electoral para facerlles frente. Gobernamos nós a nosa terra