Imprimir

O BNG arranca ao alcalde compromisos para o CEIP Sigüeiro e o CEIP Oroso

Bloque Nacionalista Galego de Oroso | 18 de febreiro de 2016

 

O BNG de Oroso arranca ao alcalde de Oroso o compromiso para a pasarela CEIP Sigüeiro - Pavillón Juanito Amigo e o peche da pista cuberta do CEIP Oroso para convertela nun pavillón.

 

 

A cambio o BNG de Oroso apoia os orzamentos do Concello.

 

 

O BNG de Oroso condicionou o apoio aos orzamentos á que o Alcalde asumira os seguintes compromisos.

 

 

1º.- Construción dunha pasarela entre o CEIP Sigüeiro e o Pavillón Juanito Amigo.

 

 

2º.- Peche da pista cuberta do CEIP Oroso para convertelo nun pavillón.

 

 

Desde o BNG de Oroso somos conscientes que ambas obras non corresponderían ao Concello, pero a veciñanza, e sobre todo as nosas crianzas non poden esperar máis, e precisan solucións XA!

 

 

O alcalde veu como positivas as nosas peticións e só lle pediu ao Concelleiro do BNG, Xosé Manuel Pérez Penas, que lle deixara pelexalas coa Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e de non facelas a mesma, o Concello realizaría as citadas obras.

 

 

Desde o BNG entendemos e compartimos a petición pero estaremos vixilantes para que os compromisos acadados se cumpran nesta lexislatura e non aceptaremos ningunha desculpa.

 

 

Recordamos, pola parte das inversións, que hai dúas rúas, Cultura e Deportes, que non teñen beirarrúas en parte do seu trazado, e que estaría ben darlle solución.

 

 

Solicitamos tamén que todos os gastos do Concello superiores a 1.200 euros foran publicados na web do Concello, petición á que non obtivemos resposta.

 

 

Os orzamentos son, no seu conxunto, continuistas e aceptábeis, non somos un Concello excesivamente endebedado e agrádanos que en vez de amortizar débeda se dediquen recursos á veciñanza, pola nosa parte faríamos un maior esforzo en canto á emerxencia social.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/plenos/bng-arranca-ao-alcalde-compromisos-ceip-sigueiro-ceip-oroso/20160218185708000839.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Oroso

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo Nacional: sedenacional@bng.gal
Correo Oroso: oroso@bng.gal