Imprimir

5. Isabel Fernández Gallego

Bloque Nacionalista Galego de Oroso | 10 de abril de 2015

Isabel Fernández GallegoNacín en Lugo no ano 1968, e vivo no Concello de Oroso dende 2002.

Traballei sempre para a empresa privada como administrativa e dende hai 4 anos estou en "paro".

O feito de atoparme nesta situación fixo posíbel que me involucrase máis nas actividades do concello.

Cando desde o BNG de Oroso me propuxeron ir con eles nás listas non o pensei moito e dixen "adiante".

Despois matinei: "en que fregado te metiches...!", pero ás veces chega o momento de comprometerse un pouquiño máis e así foi.

Desde sempre o meu pensamento ideolóxico coincide con eles, e a proba é que son afiliada á CIG desde hai anos; espero non defraudar á veciñanza de Oroso e poder transmitir as nosas inquedanzas e necesidades o mellor posíbel.

https://youtu.be/iGaz_5vZWXM

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/municipais-2015/5-isabel-fernandez-gallego/20150410114230000819.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Oroso

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo Nacional: sedenacional@bng.gal
Correo Oroso: oroso@bng.gal