PLENO ORDINARIO DE SETEMBRO

Información do pleno ordinario de Setembro, celebrado o xoves ás 9:30 da mañá

O Concello de Oroso celebrou o xoves 29 de setembro, ás 9:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria.

Fixádevos que non é ás 19 horas, como viña sendo norma, senón que é ás 9:30 horas da mañá. 

Información do pleno ordinario de Setembro, celebrado o xoves ás 9:30 da mañá

Orde do Día:

1. Aprobación de actas do Pleno do Concello.

Apróbanse as dúas actas pendentes.

2. Aprobar inicialmente a modificación do regulamento de réxime interno da escola infantil “A Ulloa”

Apróbase a modificación.

3. Aprobar a recuperación da titularidade da parcela 8-2 da AR-Sector nº1 polígono 1 cedida gratuitamente á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo para a construción dun albergue de peregrinos.

Dado que todo apunta a que non se construirá o Albergue, posto que o Concello non aceptou, no seu día, a proposta que lle fixo a Xunta apoiamos a recuperación da parcela.

Esperamos que máis tarde que nunca teñamos un albergue público en Oroso, pero apunta mal.

4. Toma de coñecemento das resolucións da Alcaldía ditadas que van desde a nº613/2016 do 20/07 ata o 819/2016 do 25/09.

5. Toma de coñecemento dos reparos de legalidade emitidos pola Intervención Municipal entre o 20/07/2016 ata o 25/09/2016.

6. Mocións dos Grupos municipais.

Aprobamos unha moción do PSOE en apoio ao desdobre da liña de 4º de educación infantil do CEIP  do Camiño Inglés, non fixemos moción propia, xa que a ANPA, despois de ser nós, as demais forzas políticas e ANPAs do Concello, a mais da CIG Ensino, convocados a unha reunión por un pai, dixo que a reunión era só para pais e nais, cousa que entendimos perfectamente.

Non acabamos de entender que a moción agora chegue presentada só polo PSOE, pero evidentemente contan con todo o noso apoio.

7. Rogos e preguntas.

Desde o BNG, o noso Concelleiro fai a enésima pregunta sobre a situación das obras da autopista, o Alcalde respóstanos que non hai resposta oficial do ministerio, que sabe ao través da concesionaria da obra que está todo pendente da licitación do Control das obras (sen comentarios a que non se licitara xa no seu momento ou non se faga desde a propia administración este control), polo que vai para longo.

O Concelleiro do ramo fai un chamamento á responsabilidade das forzas políticas en canto á cartelería electoral, aínda que o rogo non facía referencia á nosa cartelería asumimos a nosa parte nesta responsabilidade, pero gustaríanos que o Concello tamén fora un pouco máis dilixente á hora de dotar os espazos electorais enviados á Xunta Electoral.

Información do pleno ordinario de Setembro, celebrado o xoves ás 9:30 da mañá