RESPOSTA DO BNG DE OROSO AO PP DE OROSO

Pleno extraordinario pola COVID

Populismo, mentiras ou incompetencia, iso é o que define á proposta que o PP de Oroso trouxo ao pleno de hoxe e no cal votou favorabelmente á súa retirada.

As medidas a adoptar polo Concello serán debatidas na comisión de contas do Concello onde teñen representación todas as forzas políticas do Concello.

Pleno extraordinario pola COVID

Fronte ás medidas populistas que o PP de Oroso trouxo ao pleno de hoxe, e sabendo da importancia do que se poida facer desde o Concello, moi limitado en canto ás súas funcións polas leis aprobadas polo goberno do PP no Estado Español o BNG de Oroso aclara e da resposta punto por punto ás peticións do voceiro do PP, aínda que el mesmo solicitara a súa retirada no pleno de hoxe.

Solicita sufragar as cotas da Seguridade Social de autónomos, do Concello de Oroso

Os autónomos, que pecharon o seu negocio pola declaración do estado de alarma ou viron mermada a súa facturación nun 75% respecto á media mensual do semestre anterior poden solicitar a prestación extraordinaria para autónomos que o goberno do estado puso en marcha.

Por outro lado temos aproximadamente 540 autónomos no noso concello a unha media de 300 € falamos de 162.000 € ao mes, de verdade alguén pensa que un Concello pode asumir ese gasto, instamos ao portavoz do PP a que consiga que a Xunta transfira eses cartos ao Concello e nós xestionamos esa axuda.

En canto a sufragar gastos de alugueiros e custos fixos (auga, luz, lixo...).

Desde o Concello estamos valorando crear unha liña de axudas para alugueiros e outros gastos, cunhas bases e ordenanzas claras, non podemos tratar por igual a unha gran empresa como Vegalsa, que a  un pequeno negocio familiar, pero estamos moi limitados, de novo pola leis aprobadas polo PP limitando a independencia económica dos Concellos.

No que respecta ao recibo da auga, dende o BNG sempre pedimos a municipalización dos servizos, este está xestionado por unha empresa e polo tanto pouco se pode facer, pero estudiarémolo.

En relación á taxa do lixo nos, o BNG de Oroso, consideramos que o Concello debería asumila durante o período dun ano, para comercios e a hostalaría, a comezar no seguinte recibo.

E desde o BNG de Oroso faremos o posíbel para que o Concello de Oroso mire de poder ampliar o espazo das terrazas dos negocios de restauración (bares, cafetarías...) mentres teñan o seu aforo limitado, sempre deixando espazo suficiente para o uso peonil das nosas rúas.

Que se recalcule o resto de impostos municipais.

Instamos ao portavoz do PP a que nos diga a que impostos se refire, non estará xogando de novo coa demagoxia?

Que se establezan unha serie de axudas a familias que a estean en situación vulnerábel.

Estas axudas xa se facían con anterioridade ao estado de alarma, e séguense a facer, en maior medida se cabe grazas a colaboración de toda a veciñanza do Concello, mención especial a Asociación de Veciños de Senra pola donación feita:

  • Púxose en marcha á tarxeta solidaria que recargamos mensualmente (dependendo ingresos, membros da unidade familiar....). É só para productos de primera necesidade tendo bloqueados alcól, maquillaxe.....

  • Repartimos alimentos cedidos por particulares, comerciantes e asociacións de veciños.

  • Púxose en marcha  coa colaboración de Protección Civil un servizo para levar material escolar as rapazas e rapaces que non teñan equipamentos ou que non podan acceder ao ensino dixital, sempre en contacto cos directores dos centros escolares.

  • Maña empezaremos a repartir kits que permiten a conexión a internet composto por un router WiFi 4G xunto coa correspondente liña de datos 4G que foron cedidas por Cruz Vermella, os ordenadores e tabletas póñennas os centros escolares do concello.

  • Estamos a mirar un programa de conciliación para as familias que teñán que reincorporarse ao posto de traballo. Pero temos que ver cales son as instrucións da Consellaría de Educación.

O BNG de Oroso segue a manter a súa solicitude histórica de que os plenos sexan retransmitidos, hoxe o propio Concello tentouno en facebook pero non foi posíbel, si foi gravado, e tan pronto sexa posto á nosa disposición será ligado desde aquí.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pleno extraordinario pola COVID