RECUPERAMOS OS SERVIZOS SOCIAIS PARA O CONCELLO

Pleno extraordinario do Concello de Oroso

Pleno Concello de Oroso
Pleno Concello de Oroso

Venres 30 ás 9:30 no Salón de Plenos do Concello.

Recuperamos os Servizos Sociais para o Concello.

Pleno extraordinario do Concello de Oroso

Orde do día:

1. Aprobar provisionalmente a modificación puntual nº 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oroso.

2. aprobar, se procede, a recuperación por parte do Concello de Oroso das competencias en materia da prestación dos servizos sociais comunitarios básicos cedidas á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes.

Orde do día

Previo.

O BNG de Oroso traballa e traballará para recuperar todos os Servizos Públicos do Concello para a xestión municipal, tanto os cedidos a outras administracións, como os xestionados por empresas privadas, e nese camiño, unha vez aceptadas polo Alcalde as garantías que consideramos necesarias, serán transmitidas á corporación e veciñanza no pleno, o noso voto será favorábel á recuperación dos Servizos Sociais.

Esperamos tamén, que proximamente se poidan recuperar os servizos especializados, e por que non soñar, a Escola Infantil Municipal (que segue en mans dunha empresa privada), a xestión da auga...

Traballamos para cumprir o noso programa electoral!!

Desenvolvemento do pleno.

O primeiro punto da orde do día, a modificación provisional das ordenazas do PXOM do Concello de Oroso, foron aprobadas por maioría. Recolle unha modificación sobre zonas de saturacións de ruídos.

segundo punto da orde do día foi o que levou a maior parte do debate do pleno, tratábase de asumir para o ano 2018 a xestión directa dos Servizos Sociais.

Comeza o alcalde (despois de abandonar o pleno o concelleiro do PSOE, Antonio Leira) dando lectura a un informe da deputación de A Coruña na que se di o porqué de non poder recibir subvencións para os servizos sociais dentro da mancomunidade de Ordes pero si fóra dela, recoñece o erro de non ter feito isto o ano pasado, posto que este ano terá que asumir o Concello os gastos sen ter subvencións.

Nesta primeira intervención fai súa, a nosa proposta histórica de sumarnos á mancomunidade de Compostela, benvido!

Tamén asume que esta recuperación de servizos levará consigo a subrogación das traballadoras.

Despois do Alcalde fala o noso Concelleiro, Xosé Manuel Pérez Penas, pondo o dedo na ferida dicindo que non estaríamos con esta polémica se as traballadoras non foran X e Y. E deixa clara a nosa postura  esixindo a subrogación das traballadoras que prestan os servizos no Concello, modificación da RPT do Concello e futura convocatoria de Concurso Oposición, tal e como tamén esixe o informe dos técnicos do Concello.

Deixamos clara a nosa postura favorábel á recuperación dos servizos, pero pedimos que se asuma o compromiso de non recortar postos de traballo no Concello debido a esta subrogación, compromiso que se asume polo grupo do PSOE, grupo que tamén declara ver fundamental traballar na integración na mancomunidade de Compostela, de novo benvidas!

Da lectura nesta intervención, o Concelleiro do BNG, a partes do informe dos técnicos do Concello no que se di como habería que facer a recuperación dos servizos sociais para o Concello e informando favorabelmente a esta recuperación.

Solicitamos tamén que esta recuperación de servizos sexa un primeiro paso, que sigan outras recuperacións como serían as prazas de Servizos Especializados, nominalmente a praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

Apróbase a proposta para recuperar os servizos sociais cos votos do PSOE (coa non presenza de Antonio Leira) e BNG. 

O resto da oposición votou en contra.

Faremos agora un comentario final sobre as nosas compañeiras da oposición, tentaremos que sexa unha excepción, pero non podemos deixar de sorprendernos que o PP pida que se asuman os servizos sen subrogación das traballadoras, sorprendente? Non, é a forma de actuar do seu partido, onde os dereitos das traballadoras queda sempre nun segundo plano, e dicimos segundo sendo boas.

Só aclarar que se non se subrogasen estas traballadoras elas poderían ir aos xulgados (contarían con todo o noso apoio) a reclamar a súa subrogación e indefinición por sentenza xudicial, como alguén pode dicir que ten "informes xurídicos" do seu partido dicindo o contrario, e peor aínda se é que os ten.

O caso do outro partido da oposición xa comeza a ser tan penoso que persoalmente xa da até pena, polo que non faremos comentario algún á súa posición no pleno de hoxe.

Rematamos, o BNG de Oroso sempre vai por por diante os dereitos do persoal do Concellos, tal e como fixo na aprobación do seu Convenio, e NUNCA, vai mirar quen é a parella de quen, só que se cumpran escrupulosamente as leis.

Nota ao marxe.

Mención a parte merece a lingua de ambos informes citados na nova, ambos en perfecto castelán, preguntámonos desde o BNG de Oroso se a Lei de Normalización Lingüística non afecta aos técnicos do Concello e Deputación.