XOVES DÍA 3 ÁS 9:30 DA MAÑÁ NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE OROSO.

Pleno extraordinario Concello de Oroso

Toda a información do pleno no que se aprobaron as modificacións das ordenanzas de auga e sumidoiros, así como a  Conta Xeral 2015 coa abstención do BNG.

Pleno extraordinario Concello de Oroso

O xoves 3 de novembro ás 9:30 da mañá no salón de plenos do Concello de Oroso, pleno extraordinario para a aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do servizo de sumidoiros e de subministro de augas.

Tamén se aprobará, se conta cos votos necesarios, a conta xeral correspondente ao exercicio 2015.

Orde do Día.

1. Aprobar a modificación de crédito por suplemento de crédito número 14/16
2. Aprobar inicialmente a modificación da ordenanza reguladora polo servizo de sumidoiros
3. Aprobar inicialmente a modificación da ordenanza reguladora de subministro de augas
4. Aprobar a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2015

Resumo do pleno.

Apróbase a modificación de crédito por suplemento de crédito número 14/16.

Apróbase inicialmente a modificación da ordenanza reguladora polo servizo de sumidoiros e de subministro de augas. O BNG vota a favor xa que é o que está marcado no contrato da subministración, adaptar cada ano o prezo ao IPC.

En canto á conta xeral o BNG abstense, xa que aínda que a mesma ten aspectos positivos como son o descenso da débeda do Concello, un remanente positivo de tesourería así como o informe positivo de intervención tamén ten aspectos negativos que fan imposíbel o noso voto a positivo.

Os aspectos negativos como son a existencia de contratos menores superiores a 3.000 euros, entre eles algúns que son todos os anos ao mesmo contratista (páxina web, comida anual da terceira idade...). Tamén destaca no informe de intervención a cantidade de contratos menores inferiores a 3.000 euros, entre eles os de fontanería, subministro de combustíbel, montaxe e desmontaxe da carpa municipal así como xardinería, que como gastos repetitivos que son deberían ser obxecto de licitación.

Entendemos que algúns destes gastos son feitos por urxencia ou incluso para podelos facer entre as comerciantes do Concello, pero debemos atopar entre as gobernantes e as comerciantes outra forma de facelo, que repercuta no Concello pero sen dar lugar a posíbeis irregularidades.

Tamén solicitamos que se comece a traballar nunha normativa para as "terrazas" dos negocios de restauración do Concello, posto que comezan a xerar incomodidades e debates entre a veciñanza, e hai que atopar o punto de acordo entre todas e todos.