Información do Pleno do 26 de maio de 2016

Información do Pleno do 26 de maio de 2016

20160526 Pleno Oroso

 

 

No pleno celebrado o 26 de maio aprobouse o proxecto Vías Verdes, vella petición do BNG de Oroso, que xa na época do bipartito local e nacional estivera a punto de realizarse.

 

 

Este plan consiste en converter as vellas vías do tren desde Compostela a Cerceda nunha Vía Verde para Bicicletas e peóns.

 

 

Alegrámonos da súa aprobación, aínda que fora case 8 anos despois e esperamos que desta vez si se leve a cabo.

 

 

Tamén se aprobou renunciar a formar parte da solicitude de subvención efectuada pola mancomunidade de Ordes para o Servizo de Normalización Lingüística, xa que o Concello xa a  solicitou individualmente.

 

 

Apróbanse dous temas referentes ao Plan Provincial de Acción Social, un a aprobación da achega municipal e o segundo a ratificación da aprobación do proxecto corrixido da senda peonil de A Baiuca.

 

 

Tamén se aproba o expediente de investigación dun camiño público no Lugar de A Torre, parroquia de Senra.

 

 

Finalmente antes dos rogos e preguntas aprobouse inicialmente o Regulamento de Funcionamento e utilización do centro cultural Fernando Casas e Novoa.

 

 

O BNG presentou os seguintes rogos.

 

1.- Solicitamos a petición da ANPA A nosa Escola, que a Biblioteca Municipal conte cun fondo para mercar os libros que se recomendan ao alumnado dos distintos centros educativos do Concello. Petición que é aceptada, poranse en contacto cos centros educativos e mercarán 6 libros de cada recomendación.

2.- Solicitamos a galeguización do cartaz da estrada nacional que segue a pór "Calle Ulloa".

3.- Solicitamos o adecentamento dos solares que se encontran fronte ao centro médico e o pavillón Juanito Amigo.

4.- Volvemos solicitar a creación do Consello Escolar Municipal. O alcalde volver dar o silencio por resposta. É un tema de moita importancia, xa que del debe emanar a Comisión de Escolarización, que é quen debería decidir sobre a escolarización das nosas crianzas no Concello.

5.- Solicitamos que se aumente o número de taboleiros de información veciñal.

 

E as seguintes preguntas.

 

1.- Situación dos adosados de Vilacide. O alcalde resposta que non hai novidades, que as propietarias e propietarios poden solicitar a legalización e que a xustiza decidirá.

2.- Preguntamos pola situación das obras da autopista e se a modificación do plan pode afectar aos adosados. Resposta ao retraso botándolle a culpa ao Fomento, ten razón, pero non resposta á segunda parte.

3.- Volvemos preguntar pola compra do desfibrilador para o Pavillón e Campo de Fútbol, respóstanos que xa está solicitado.

4.- Preguntámoslle ao Alcalde sobre se aproveitando o fondo "publicitario" que o Presidente da Xunta anunciou para melloras nos centros educativos solicitara, para dar cumprimento ao compromiso acadado coa veciñanza ao través do BNG no pleno de Orzamentos, a realización da pasarela que comunique o CEIP de Sigüeiro co Pavillón Juanito Amigo e o peche da pista cuberta do CEIP do Camiño Inglés. Contestounos que si, pero que ao igual que nós pensa que é un fondo electoral que non vai existir posto que está pedindo fondos para el á deputación.

 

Sen nada máis que tratar rematou o pleno, pola nosa parte só recordarvos que calquera cousa que queirades transmitir ao pleno podedes contar connosco, tal e como xa fixo a veciñanza neste e noutros plenos.