INFORMACIÓN DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE NOVEMBRO

Información do Pleno de novembro

Sesión Ordinaria do Pleno do Concello.

Día: 24 de novembro de 2016

Hora: 19:00 horas en primeira convocatoria. (2ª dous días despois).

Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello

Información do Pleno de novembro

Orde do día:

1. Aprobación das actas.

2. Aprobar provisionalmente a modificación puntual nº 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oroso aos efectos de dar cumprimento á Sentenza ditada polo TSXG no procedemento ordinario 4171/2005.

3. Toma en coñecemento das resolucións de Alcaldía.

4. Toma en coñecemento dos reparos de legalidade emitidos pola Intervención Municipal.

5. Toma en coñecemento do informe de Intervención e Tesourería do Concello respecto do estado de tramitación das facturas recibidas no terceiro trimestre do exercicio 2016.

6. Mocións dos Grupos Municipais.

7. Rogos e preguntas.


Información do Pleno:

Comeza o plena coa lectura dun manifesto contra a violencia de xenero.

Apróbanse as actas dos plenos anteriores por unanimidade.

Apróbase provisionalmente a modificación puntual nº 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oroso aos efectos de dar cumprimento á Sentenza ditada polo TSXG no procedemento ordinario 4171/2005.

Mocións dos Grupos Municipais.
O grupo do goberno presenta unha moción instando ao goberno da Xunta a elaborar un novo decreto de ordenación dos apartamentos turísticos, o BNG, vota favorabelmente xa que considera que mellorar esa lexislación é interesante para aumentar o número de prazas "hoteleiras" en Oroso. O PP vota en contra.

Mocións presentadas polo BNG de Oroso.

1f8f34b9-0162-411e-bbb8-95ed80fceb9e

1. Moción para garantir o subministro eléctrico ás persoas sen recursos.

Aprobada cos votos en contra do PP

2. Solicitude da transfetencia da AP9. 

Aprobada cos votos en contra do PP

3. Moción a prol da ampliación da acreditación por violencia machista, da creación do estatuto do feminicidio e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica.

Retirada en prol da unanimidade do manifesto inicial, presentámola posto que non sabíamos da existencia do manifesto.

Rogos e preguntas do Bloque.

1. Solicitamos o arranxo do pavimento da Rua Ulloa.

O pavimento estragouse polas obras da autopista, se non o arranxan executaran o aval de 24.000 euros pero iso leva o seu tempo.

2. Un remolque aparcado cerca do hostel  mal estacionado e non deixa pasar.

3. Entregamos as lecturas de obrigatorias no CEIP Sigüeiro para que se dote a biblioteca municipal dos exemplares necesarios, tal e como e como foi compromiso do goberno a petición do BNG nun pleno anterior, faltan as dos centros outros centros do Concello.