Xosé Manuel Pérez Penas, concelleiro actual do BNG, volve encabezar a lista do BNG Asembleas Abertas

Xosé Manuel Pérez Penas, concelleiro actual do BNG, volve encabezar a lista do BNG Asembleas Abertas

Oroso, 19 de marzo de 2015. Onte, día 18 de marzo, en Asemblea Aberta o BNG de Oroso aprobou a lista para as eleccións municipais 2015.

A lista, encabezada por Xosé Manuel Pérez Penas, actual concelleiro do BNG, tenta trasladar unha representación da poboación do noso Concello, incluíndo entre os seus membros a persoas activas no seu tecido asociativo e incluso un pequeno empresario (autónomo) que se decide a dar o paso para participar na vida política do seu concello.

20150318 AsembleaBNGOrosoNa asemblea aberta celebrada onte Xosé Manuel Pérez Penas debuxou as liñas principais do que será o programa do BNG: “en Oroso é necesario un plan de emprego xuvenil e a creación de vivendas para familias con grandes necesidades na vez de refacer beirarrúas e rúas”. “Nos momentos de crise, as administracións teñen que ter claras as preferencias, e para o BNG de Oroso a preferencia é a Xente” destacou Pérez.

Rematou a súa intervención anunciando: “esta a última vez que me presento encabezando a lista”, pero, continuou “penso que temos a xente necesaria para que o relevo se produza de forma natural”.

No número dous da lista sitúase Diego Boquete Sánchez, mestre, sindicalista da CIG Ensino e membro da executiva comarcal do BNG.

Os dous seguintes postos (Olalla Marcote e Iago Torrado) vimos confirmar o que anunciamos da renovación desde o BNG de Oroso, posto que os dous pertencen a Galiza Nova.

No resto da lista damos cabida a cinco independentes que mostran o traballo das Asembleas Abertas no noso Concello.

5. Isabel Fernández Gallego (Independente)

6. Manuel Ramos (Independente)

7. Margarita Mejuto Canabal

8. Santiago Barral (Independente)

9. Concepción Ramos (Independente)

10. Amelia Rodrigues Esteves

11. Agustín Raña (Independente)

12. Isabel Mejuto Canabal

Pecha a lista o noso responsábel local: Carlos Manuel Marcote Suárez

https://youtu.be/WGfMNwueffM

Ao longo da asemblea falouse do que van ser os cernes do noso programa: a participación cidadá, os servizos sociais e a creación dun plan de emprego xuvenil.

Tamén celebramos desde o BNG Asembleas Abertas de Oroso que unha das nosas solicitudes históricas, a entrada e saída da autopista cara e desde Compostela sexa xa unha media realidade.

Municipais 2015 Presentación