A ASEMBLEA DO BNG DE OROSO COÑECEU DE PRIMEIRA MAN O PROXECTO NACIONALISTA PARA O CONCELLO DE ALLARIZ

XORNADA DE TRABALLO DO BNG DE OROSO EN ALLARIZ

Reunión de traballo no Concello de Allariz
Reunión de traballo no Concello de Allariz
XORNADA DE TRABALLO DO BNG DE OROSO EN ALLARIZ

O pasado sábado, día 7 de xullo, a Asemblea do BNG de Oroso visitou o Concello de Allariz, gobernado polo BNG dende fai case 30 anos. Recibidos pola súa alcaldesa, Cristina Cid explicounos as principais transformacións que durante este tempo teñen convertido a Allariz nun concello cun proxecto sólido e con moito futuro, con modelos de economía sostible, creación de emprego e recuperación do patrimonio artístico e natural que conseguen que sexan referentes, non só a nivel galego senón tamén a nivel internacional. Indicounos que un dos principais motores desta mellora e transformación do concello, non é soamente mérito do traballo e esforzo do grupo de goberno, senón que a forza para levalo a cabo parte por facer participe a toda veciñanza da ilusión dun proxecto común. O prototipo do que nós queremos para Oroso.

IMG_20180707_115728_129

Xunto coas concelleiras Maribel Poisa (Concellería de Benestar Social) e Helena Suárez (Concellería de Servizos municipais: Deportes, Transportes e Alumeado público) realizamos unha visita a diferentes puntos da vila de Allariz, onde puidemos comprobar in situ, a realidade desta transformación. Visitamos o Mercado da Reserva da Biosfera, verdadeiro exemplo da promoción de modelos de xestión sostible a través da venta dos seus produtos agropecuarios. A través das rúas do seu casco histórico, puidemos ser testemuñas de intensa actividade social e comercial existente na vila.

IMG_20180707_131856_201IMG_20180707_131338_338IMG_20180707_130816_069

Visitamos as dependencias dos Servizos Sociais e o fogar dos Maiores, onde se nos explicou proxectos coma o servizo de axuda no fogar, xantar sobre Rodas para os maiores, as actividades de desenvolvemento e dinamización rural a través das asociacións veciñais, o funcionamento da casa da Mocidade ou da Escola de familias. Á visita uniuse tamén o anterior alcalde, Francisco García, compartindo tamén con el as positivas impresións da xornada.

IMG_20180707_134116_740IMG_20180707_134631_694IMG_20180707_133844_653

Pola tarde, percorremos a zonas a carón do río Arnoia, os museos etnográficos e o Festival Internacional de Xardíns. Durante a xornada de traballo, foron agromando ideas e iniciativas que se poden poñer en marcha para facer un Oroso mellor. Do mesmo xeito que en Allariz, a proposta do BNG para o Concello de Oroso pasa por antepoñer as necesidades da veciñanza por riba de todo, ofrecéndolle servizos que permitan mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. En definitiva, a visita a Allariz serviunos de modelo e exemplo de como a política pode incidir no cambio e na transformación da realidade.

IMG_20180707_133448_850IMG-20180707-WA0045

Dende o BNG de Oroso, agradecemos enormemente a dedicación e trato recibido polas compañeiras do BNG de Allariz, as cales foron unhas magnificas anfitrioas, e das que sen dubida tomaremos exemplo do seu bo facer.